Buscar este blog

jueves, 28 de julio de 2011

Uxío Novoneyra desde Guitiriz

                                     
                      Así viron ao poeta os meus alumnos e alumnas  de 4º de ESO no curso 2009-10. Sirva de homenaxe a UXÍO NOVONEYRA e a todas as persoas que colaboraron para que este traballo fose posible.
 

en defensa d@s mestr@s...

   Menos mal que sempre hai quen se acorde e quen nos defenda...!

 

miércoles, 27 de julio de 2011

descubrimos "a carreta" de J.R.J.


    No regato grande, que a choiva dilatou ata o viñedo, atopamos, atascada, unha vella carreta, perdida toda baixo a súa carga de herba e de laranxas. Unha nena, rota e enzoufada, choraba sobre unha roda, querendo axudar co empuxe do seu peitiño en flor ao burriquiño, máis pequeno, ai! e máis fraco que Prateiro. E o burrico eslombábase contra o vento, tentando, inutilmente, arrincar da lama a carreta, ao berro saloucante da pequecha. Era van o seu esforzo, coma o dos nenos valentes, coma o voo desas brisas cansas do verán que caen , nun desmaio, entre as flores.
   Aloumiñei a Prateiro e, como puiden, engancheino á carreta, diante do burrico malpocado. Obrigueino entón, cun agarimoso mandato, e Prateiro, dunha sentada, sacou carreta e asno do lameiro, e subiulles a encosta.
  Que sorrir o da rapaza! Foi coma se o sol do serán, que esmorecía, ao poñerse entre os nubeiros, en amarelos cristais, lle acendese unha aurora tras as súas tisnadas bágoas.
  Coa súa chorosa ledicia, ofreceume dúas escollidas laranxas, finas, pesadas, redondas. Tomeinas, agradecido, e deille unha ao burriquiño feble, como doce consolo; outra a Prateiro, como premio áureo.
                                           
                        (A carreta. Prateiro e mais eu ,cap.XXXVII. Juan Ramón Jiménez)

martes, 26 de julio de 2011

lunes, 25 de julio de 2011

O neno parvo




    SEMPRE QUE VOLVIAMOS POLA RÚA DE SAN XOSÉ, estaba o neno parvo na porta da súa casa, sentado na súa cadeiriña, mirando o pasar dos outros. Era un deses pobres nenos a quen non lle chega nunca o don da palabra nin o regalo da graza; neno alegre el e triste de ver; todo para a súa nai, nada para os máis.
    Un día, cando pasou pola rúa branca aquel mal vento negro, non vin xa o neno na súa porta. Cantaba un paxaro no solitario limiar, e eu lembreime de Curros, pai máis ca poeta, que, cando quedou sen o seu neno, lle preguntaba por el á bolboreta galega:

                                                "volvoreta d'aliñas douradas..."

    Agora que vén a primavera, penso no neno parvo, que dende a rúa de San Xosé marchou ao ceo.Estará sentado na súa cadeiriña, á beira das rosas senlleiras, vendo cos seus ollos, abertos outra vez, o dourado pasar dos gloriosos.
                                                 
                                    (cap.XVII. PRATEIRO E MAIS EU, Juan Ramón Jiménez)

jueves, 21 de julio de 2011

o segredo está en...

"-  Nai, son nova. Teño dezaoito anos, son forte. Vou traballar duro. Pero non quero que esta criatura medre para ser unha simple besta de carga. Que debo facer, nai, que é o que debo facer para construír un futuro mellor para ela? Como podo comezar?

  - O segredo está en saber ler e escribir: Ti sabes ler. Todos os días debes lerlle á túa filla unha páxina dalgún libro; todos os días ata que ela aprenda a ler. Entón ela deberá ler todos os días. Ése é o segredo...·
                                                                                       
                                               (Unha árbore medra en Brookyn. Betty Smith)

martes, 19 de julio de 2011

óleo de TRINIDAD OSORIO

Non sei nada do artista. só o seu nome e que é de orixe mexicana. Buscaba unha carreta e atopei esta "carreta con flores" que me pareceu estupenda polo seu contido e polas cores tan alegres e vivas como o blog que imaxinaba  na miña cabeza, así que a tomei prestada para que todos poidamos gozar dela.























martes, 5 de julio de 2011

de profesión?...mestre!

Acabo de ler un artigo de Suso de Toro que me puxo a pel de galiña...En poucas palabras, sinxelas, claras, precisas, describe a lamentable situación do profesorado  -ou, mellor dito, do ensino público-,esa que ninguén quere ver.
Paréceme de lectura obrigatoria, por iso deixo aquí o enlace:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Bocadillo/profesor/elpepuespgal/20110704elpgal_7/Tes

lunes, 4 de julio de 2011

Unha árbore medra en Brooklyn


A historia de François Villon resultáballe máis asombrosa cada vez que a lía. Ás veces chegaba mesmo a inquietarse pensando que se o libro se extraviase xa non podería lelo nunca máis. Desexaba tanto posuír un libro que ata se lle ocorreu mercar un caderno de dous centavos e copialo. Pero as follas escritas a lapis non se asemellaban nin emanaban o aroma dos libros da biblioteca, e desistiu do seu propósito, consolouse propoñéndose que cando fose maior traballaría duramente para aforrar e poder mercar todos os libros que quixese (...)”
Pregunta: que lugar ocupan os libros na túa vida?
                 
                 

domingo, 3 de julio de 2011