"UNHA FORMA DE
PASAR POLA VIDA. ISO É A LITERATURA"
Buscar este blog
miércoles, 25 de julio de 2012
Palabras para...Xulieta ( Manuel Vicent)
"Foi
o primeiro verán, o de 1968, no que os seus pais a deixaron ir soa
en bicicleta á praia. Levaba un libro na cestiña do guiador. "Cumes
borrascosos". Era a única rapaza de dezaseis anos que lía
novelas deitada nunha toalla sobre a area e ese costume adquirido con
certa furia obsesiva apartáraa do resto do grupo. Gardaba en segredo
o seu desexo de ser escritora. O de vivir unha gran paixón. Xulieta
madurou de súpeto de xeito imprevisto, como esas nenas que un verán
son aínda inocentes, pero o verán seguinte xa traen unha veladura
de malicia instalada nos ollos que sorprende aos seus compañeiros de
xogo ou volven á clase no novo curso e sen se decatar enguedellan
nas súas redes ao profesor. É difícil saber en qué punto se
produciu a transformación, se nas formas do corpo ou no terror que
senten ao descubrir o desexo impúdico que espertan nos homes xoves e
vellos ou no perigo insinuante da súa propia ollada, que non poden
controlar..."
(tradución
libre dun fragmento do artigo de Manuel Vicent, titulado "Julieta
perdió la llave de casa", no xornal El País, 22-xullo-2012)
-Para escoitar algunhas opinións do autor sobre o feito literario, preme sobre o seu nome-
jueves, 19 de julio de 2012
Historias mínimas... Carlos Sorin
HISTORIAS MÍNIMAS
DIRECTOR...Carlos Sorin
CON... Javier Lombardo, Antonio Benedictis
Argentina, 2002 - 1h 33 min.
Comenta o director nunha entrevista:
....
P- É dicir, que o guión xurdiu coa improvisación?
R- Non. Había un guión cunha estrutura de narración que evidentemente funcionaba. Iso permitiume romper co guión e saír del. De haber problemas, volvía ao guión. Pódense improvisar as situacións e todas as cousas colaterais á acción central dunha película, pero a acción central, non. Ten que haber desde un primeiro até un terceiro acto, un motivo polo que o espectador se "engancha" a unha historia. Esa estrutura non se pode improvisar. Se un ten todo ese guión ben estudado, pode empezar a navegar...
(se queres ver un trailer da película, preme sobre a carátula de presentación)
martes, 17 de julio de 2012
sábado, 14 de julio de 2012
Qué tan lonxe... Tania Hermida
ANO | 2006 | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
DURACIÓN | 92 min. | |||||
PAÍS | ||||||
DIRECTORA | Tania Hermida | |||||
GUIÓN | Tania Hermida | |||||
MÚSICA | Nelson García | |||||
FOTOGRAFÍA | Armando Salazar | |||||
REPARTO | Cecilia Vallejo, Tania Martínez, Pancho Aguirre, Fausto Miño, Elena Torres | |||||
PRODUTORA | Corporación Ecuador para Largo | |||||
WEB OFICIAL | http://www.que-tan-lejos.com/ | |||||
XÉNERO | Drama / Road Movie | |||||
Conta a directora, nunha entrevista : |
---|
"...Eu quería facer unha película sobre algo tan abstracto como a percepción do mundo, e non só iso, senón de cómo a maneira na que falamos determina esa percepción; os nomes que lles damos ás cousas determinan o que nos chega delas e, consecuentemente, ao nomealas doutra maneira, transformamos a súa realidade. Ambos os personaxes inician o seu camiño cheos de certidumes. Esperanza é a típica turista cun libro de viaxes na cabeza. Todo lle parece digno dunha foto, e iso impídelle ir máis aló. O enfoque de Teresa, por outra banda, parte das súas teorías sobre si mesma e sobre o mundo. Séntese con moita solvencia para descartar as opinións da outra. No camiño, ambas van perdendo esas certidumes; van quedando sen palabras, sen discurso. E iso é a viaxe: despoxarse de discursos, de estruturas, de verdades... Todo está por inventarse...Desaparecen os significados... Restan só os "significantes". E porén, despois recupéranse "significados"... A clave do guión está nas palabras, no nome das cousas..." TANIA HERMIDA (se queres saber máis da autora, preme sobre o seu nome) (se queres saber máis sobre o proxecto da película, contado pala directora, preme sobre o título da película) (se queres ver un trailer da película preme sobre a fotografía de presentación) |
---|
jueves, 12 de julio de 2012
Sinónimos da nada .............. Adriana Calcanhotto
Avião sem asa, fogueira sem brasa
Sou eu assim sem você
Futebol sem bola. Piu-Piu sem Frajola
Sou eu assim sem você
Por que é que tem que ser assim?
Se o meu desejo não tem fim
Eu te quero a todo instante
Nem mil alto-falantes
Vão poder falar por mim
Amor sem beijinho,
Buchecha sem Claudinho
Sou eu assim sem você
Circo sem palhaço, namoro sem amasso
Sou eu assim sem você
To louca pra te ver chegar
To louca pra te ter nas mãos
Deitar no teu abraço, retomar o pedaço
Que falta no meu coração
Eu não existo longe de você
E a solidão é o meu pior castigo
Eu conto as horas pra poder te ver
Mas o relógio tá de mal comigo Por quê? Por quê?
Neném sem chupeta, Romeu sem Julieta
Sou eu assim sem você
Carro sem estrada, queijo sem goiabada
Sou eu assim sem você
Por que é que tem que ser assim?
Se o meu desejo não tem fim
Eu te quero a todo instante
Nem mil alto-falantes
Vão poder falar por mim
Eu não existo longe de você
E a solidão é o meu pior castigo
Eu conto as horas pra poder te ver
Mas o relógio tá de mal comigo
Sou eu assim sem você
Futebol sem bola. Piu-Piu sem Frajola
Sou eu assim sem você
Por que é que tem que ser assim?
Se o meu desejo não tem fim
Eu te quero a todo instante
Nem mil alto-falantes
Vão poder falar por mim
Amor sem beijinho,
Buchecha sem Claudinho
Sou eu assim sem você
Circo sem palhaço, namoro sem amasso
Sou eu assim sem você
To louca pra te ver chegar
To louca pra te ter nas mãos
Deitar no teu abraço, retomar o pedaço
Que falta no meu coração
Eu não existo longe de você
E a solidão é o meu pior castigo
Eu conto as horas pra poder te ver
Mas o relógio tá de mal comigo Por quê? Por quê?
Neném sem chupeta, Romeu sem Julieta
Sou eu assim sem você
Carro sem estrada, queijo sem goiabada
Sou eu assim sem você
Por que é que tem que ser assim?
Se o meu desejo não tem fim
Eu te quero a todo instante
Nem mil alto-falantes
Vão poder falar por mim
Eu não existo longe de você
E a solidão é o meu pior castigo
Eu conto as horas pra poder te ver
Mas o relógio tá de mal comigo
Un novo texto no que se traballa a idea da complementariedade a partir de distintos tipos de relación entre palabras e conceptos.
-------------------------------------
Se queres escoitar a cancíón, preme sobre o seu título
Se queres saber máis da autora, preme sobre o seu nome
domingo, 8 de julio de 2012
Palabras sen espazo propio ....Siri Hustvedt
>> Cruzou a miña mente a incómoda certeza de ter carecido sempre dun espazo para min e o meu, de terme visto limitada a garabatear algo durante un momento roubado. Ao principio do meu matrimonio traballaba na mesa da cociña e corría a atender a Daisy cando espertaba da sesta. As miñas clases e a poesía dos meus alumnos (poemas desprovistos de urxencia, cubertos de lazadiñas e ornamentos "literarios") consumiran incontables horas do meu tempo. O que sucedía era que fora incapaz de forxarme un espazo propio ou, máis ben, que non o fixera como debía. Algunhas persoas aprópianse simplemente do espazo que necesitan, expulsando a cotobeladas aos intrusos ata tomar posesión del. Boris era capaz de logralo sen mover un músculo. O único que debía facer era plantarse alí "silencioso coma un rato". Non obstante, eu era un rato ruidoso que algarexaba e rabuñaba as paredes, pero non me servía para nada. Aí radica a maxia da autoridade, dos cartos, dos penes... >>
(fragmento de El verano sin hombres de Siri Hustvedt)
Para saber máis da autora, preme sobre o seu nome
martes, 3 de julio de 2012
Homenaxe... "O caderno" ... Toquinho
(se queres ver a letra da canción, preme sobre o seu título .....)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)