Buscar este blog

miércoles, 27 de marzo de 2013

Palabras...con "gheada"



              

              Neste  divertido vídeo de SÉS, ademais do que di, interesa o modo en que o di...
              utiliza unha variante do galego na que aparece iso que chamamos "gheada"

             (para saber máis da artista e do fenómeno coñecido como "gheada", preme sobre os enlaces)

Palabras.....para un "discurso"




        Non sempre é fácil falar en público, enfrontarse a un auditorio. Non abonda con ter ideas, tamén é necesario saber expresalas e son moitos os factores que entran en xogo: emocións, nerviosismo e tensión  condicionan a potencia da voz, as pausas no discurso, o ritmo da respiración, a entoación, a linguaxe corporal...

        No xornal do último domingo, faise referencia a un libro de Jose Mº Acosta, Hablar en público, da editorial ESIC, que aborda este tema. Recollo aquí unha parte do artigo de Alfonso Simón que resume estupendamente uns consellos que eu  tamén daría ao meu alumnado nas súas intervencións orais:
- Estruturar o discurso en tres partes:
    1.Dicir en 30 segundos de qué se vai falar
    2.Desenvolver o discurso en 20 minutos
    3.En medio minuto, resumir o que se dixo
     Tanto as primeiras frases como a mensaxe final deben estar perfectamente ensaiados.
- Convén traballar a autoestima e perder o medo, que bloquea e fai desaparecer da mente o que se quere  dicir: "Debes esquecerte de ti mesmo e pensar nos demais. Tes algo que contar. Todo o mundo ten algo interesante que dicir".
- Non hai que deixar de lado asuntos máis mundanos, como ir ao baño antes da intervención ou revisar a indumentaria.
- Non deixarse atrapar polas presentacións de PowerPoint, senón utilizalas como apoio ou fío condutor...

(Para máis información, consulta no xornal El País, artigo titulado: ¡Directivos:luces,cámara,acción!, do 24-3-2013)

martes, 26 de marzo de 2013

Palabras.... con imaxe

                                                                                                                                                                                           

                          
                   
         

                Hoxe non é 8 de marzo, ou si....se cadra todos os días deberan ter un pouco de 8-M.  
                Neste vídeo, gravado nunha rúa de A Coruña, recóllese unha escenificación, sinxela e    
                representativa, do devir de moitas mulleres...
               

                           - Agradecementos aos artistas e tamén a   M.G.  ,autor do vídeo -

                               (Para máis información, preme sobre os enlaces destacados)