Buscar este blog

miércoles, 26 de junio de 2013

Palabras....para Roberto Vidal Bolaño



          Con este pequeno traballo, as miñas alumnas de 2º da ESO quixeron recordar a figura de ROBERTO VIDAL BOLAÑO, autor homenaxeado  este 17 de maio de 2013, festa das Letras Galegas.


-repárese no uso do DATIVO DE INTERESE e no DATIVO DE SOLIDARIEDADE que aparecen no fragmento de SEMPRE XONXA , no vídeo-

-para saber máis do autor, preme sobre o seu nome-

domingo, 23 de junio de 2013

2014-Letras... para Díaz Castro







   En Guitiriz, hoxe, ao abeiro do lume novo, celébrase tamén unha ilusión...
  A Real Academia Galega vén de nomear autor protagonista das Letras Galegas  2014 a XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO.
  
  Era unha decisión moi esperada por todos e pola que se apostou fortemente desde a Asociación Cultural Xermolos e desde o IES que leva o nome do autor.
  Unha  fermosa ilusión colectiva que mereceu a pena e ve premiados os seus esforzos.




 -para ver o DOCUMENTAL realizado polo alumnado e obter máis información, preme sobre a imaxe-

lunes, 3 de junio de 2013

...Pronomes??


 Unha pequena xoia que nos achega á utilidade dunha clase de palabras: Os pronomes
 Agradecemento aos seus creadores -para saber máis, preme sobre o enlace-


 

sábado, 25 de mayo de 2013

Palabras ....de Moustaki


                                                                        A miña soidade                            


Por ter durmido tantas veces, coa miña soidade,

case se converte nunha amiga, un doce costume. 

Nunca me deixa, fiel como unha sombra.

seguiume aquí e acolá, polos catro recantos do   mundo. 

Non, xamais estou só, coa miña soidade. 

Cando se mete na miña cama, ocupa todo o espazo, 

e pasamos longas noites, os dous fronte a fronte. 



Realmente non sei qué pretende esta cómplice 

Terei que afacerme a ela ou terei que rexeitala?

Non, nunca estou só coa miña soidade.

Por ela, aprendín tantas cousas, que bágoas teño derramado.

Se ás veces a repudio, xamais renuncia ela. 

E ,se algunha vez preferín o amor, doutra cortesá,

será ela no meu día derradeiro, a miña última compaña. 

Non, nunca estou só coa miña soidade. 

Non, nunca estou só coa miña soidade.








   
      "MA SOLITUDE"  é unha das cancións míticas de   GEORGE MOUSTAKI
          Esta tradución pretende ser unha homenaxe ao  autor recentemente desaparecido.



         -para escoitar a canción, preme sobre o seu título; para saber máis do compositor, preme sobre o seu nome-


lunes, 20 de mayo de 2013

Palabras...para ROSALÍA





    Non podíamos deixar pasar este 17 de maio, día das Letras Galegas, sen facer unha mención especial a Rosalía de Castro e celebrar na súa memoria o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.

 
     (Para saber máis da autora, da súa obra e da celebración das Letras Galegas, preme sobre os enlaces)

jueves, 9 de mayo de 2013

Palabras... para un gran poema








As palabras evocan recordos, sensacións, vivencias...
Este traballo foi realizado por alumnado de 2º da E.S.O.

miércoles, 10 de abril de 2013

O "punto e coma"... existe

  
                                        "Coas primeiras luces do día comeza a rodar a vida. De madrugada o panadeiro amasa o pan; os barcos de pesca fanse á mar; polas estradas converxen cara ás grandes urbes os camións cargados de mercancías; os labregos ao campo; os pais levan os seus fillos ao colexio; os executivos, oficinistas e obreiros chegan á fábrica; erguen o peche os comercios; rodan os autobuses e o suburbán na cidade transportando ríos de xente, a cadaquén cara aos seus afáns; nos hospitais ábrense os quirófanos; os estudantes enchen as aulas; nos mercados escóitanse os berros dos tendeiros animando as vendas de carne, peixe, froitas e hortalizas; nas redaccións dos xornais comeza a prepararse o número do día seguinte mentres as edicións dixitais rodan nas pantallas sen deterse xamais; pode que a calquera hora do día ou da noite un escritor estea escribindo un libro, unha parella estea a namorarse e cidadáns anónimos estean proxectando os seus soños sobre o futuro. Esta é a roda da vida..."



 -tradución libre dun fragmento do artigo de Manuel Vicent titulado AIRE LIMPIO, recollido no xornal El País o domingo 7 de abril de 2013- 

martes, 2 de abril de 2013

Palabras de Caramelo....de Bandas...




















                                                     
                                                                     Open publication - Free publishing - More educacion

Este é o traballo de creación, unha versión en banda deseñada, que fixo Noelia, alumna de 1ºESO-A, a partir da lectura do libro "Palabras de Caramelo", escrito por Gonzalo Moure.

lunes, 1 de abril de 2013

miércoles, 27 de marzo de 2013

Palabras...con "gheada"



              

              Neste  divertido vídeo de SÉS, ademais do que di, interesa o modo en que o di...
              utiliza unha variante do galego na que aparece iso que chamamos "gheada"

             (para saber máis da artista e do fenómeno coñecido como "gheada", preme sobre os enlaces)

Palabras.....para un "discurso"




        Non sempre é fácil falar en público, enfrontarse a un auditorio. Non abonda con ter ideas, tamén é necesario saber expresalas e son moitos os factores que entran en xogo: emocións, nerviosismo e tensión  condicionan a potencia da voz, as pausas no discurso, o ritmo da respiración, a entoación, a linguaxe corporal...

        No xornal do último domingo, faise referencia a un libro de Jose Mº Acosta, Hablar en público, da editorial ESIC, que aborda este tema. Recollo aquí unha parte do artigo de Alfonso Simón que resume estupendamente uns consellos que eu  tamén daría ao meu alumnado nas súas intervencións orais:
- Estruturar o discurso en tres partes:
    1.Dicir en 30 segundos de qué se vai falar
    2.Desenvolver o discurso en 20 minutos
    3.En medio minuto, resumir o que se dixo
     Tanto as primeiras frases como a mensaxe final deben estar perfectamente ensaiados.
- Convén traballar a autoestima e perder o medo, que bloquea e fai desaparecer da mente o que se quere  dicir: "Debes esquecerte de ti mesmo e pensar nos demais. Tes algo que contar. Todo o mundo ten algo interesante que dicir".
- Non hai que deixar de lado asuntos máis mundanos, como ir ao baño antes da intervención ou revisar a indumentaria.
- Non deixarse atrapar polas presentacións de PowerPoint, senón utilizalas como apoio ou fío condutor...

(Para máis información, consulta no xornal El País, artigo titulado: ¡Directivos:luces,cámara,acción!, do 24-3-2013)

martes, 26 de marzo de 2013

Palabras.... con imaxe

                                                                                                                                                                                           

                          
                   
         

                Hoxe non é 8 de marzo, ou si....se cadra todos os días deberan ter un pouco de 8-M.  
                Neste vídeo, gravado nunha rúa de A Coruña, recóllese unha escenificación, sinxela e    
                representativa, do devir de moitas mulleres...
               

                           - Agradecementos aos artistas e tamén a   M.G.  ,autor do vídeo -

                               (Para máis información, preme sobre os enlaces destacados)

lunes, 25 de febrero de 2013

Polisemia-s................................. (O Carrabouxo)





  Velaquí esta marabillosa viñeta de  O Carrabouxo...  aquí vola deixo para repasar o concepto de "polisemia" (cando unha palabra ten varios significados. No dicionario hai unha soa entrada con distintas acepcións)


      -para saber máis de O Carrabouxo, preme sobre o enlace-