Buscar este blog

Mostrando entradas con la etiqueta cuestión de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cuestión de xénero. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de mayo de 2021

Palabras para XELA... (Xela Arias. Letras galegas 2021)


Remata o mes de maio, pero non remata o noso agradecemento á autora homenaxeada: XELA ARIAS.

Grazas, Paula, por compartir connosco o teu traballo!!

(Para saber máis sobre a poeta, preme sobre o seu nome...)

lunes, 7 de diciembre de 2020

Palabras para... Rosalía de Castro (no século XXI??...)

 

             

             Rosalía de Castro no s. XXI? É posible grazas á interpretación de Paula. 
            Parabéns polo teu traballo, Paula, e moitas grazas por compartilo.
              
             Para saber máis da autora, preme aquí


lunes, 25 de mayo de 2020

Palabras... de Xurxo Souto (homenaxe a Elvira Bao)



Quen foi ELVIRA BAO... ? 

 Propóñoche que investigues sobre este personaxe e outras mulleres do seu tempo que contribuíron a afianzar a nosa cultura e a nosa identidade e que non sempre recibiron o recoñecemento que merecían...

(se premes sobre o seu nome, xa poderás ver algunha información...)
(Se queres saber máis sobre o autor deste artigo, Xurxo Souto,  preme  aquí )

miércoles, 8 de marzo de 2017

Palabras...para unha avoa


  "Miña avoa nunca traballou. Miña avoa labrou as leiras, cavou no monte, criou os fillos (catro), arrincou no esterco, muxiu as vacas, coidou da casa, serviu na dos amos, foi á sega, á malla, á fiada e á matanza. Miña avoa non traballou pero foi ela quen nos recollía as guedellas para estar guapas, quen nos contaba contos, quen nos ensinaba a calcetar, quen nos ensinou o catecismo, quen miraba de que todo estivese ben,
   Meu avó, en cambio, si que traballou. Meu avó labrou as leiras, cavou no monte, arrincou no esterco, levou as vacas a pacer, estivo un ano nas fábricas de Hamburgo. Foi á sega, á malla e á matanza. Meu avó traballou moito e ademais axudounos coas divisións, paseounos na besta, contounos historias de cando a guerra. E como traballou moito, agora meu avó descansa e miña avoa, como nunca traballara, encargouse de que el tivese o xantar quente ata o último día."

Texto extraído dun videopoema de Iria Carreira Pazos
(Para saber máis sobre a autora deste texto, preme sobre o enlace anterior)

Palabra...


 Carolina Iglesias (0leiros-A Coruña), guionista e youtuber punteira, coñecida en internet como "percebesygrelos", déixanos esta mensaxe alentadora nun día especial: 8 de marzo

lunes, 23 de junio de 2014

Palabras para ...unha costureira ambulante (Manuel Rivas)

     "O que nunca domeou foi o lóstrego. Moito medo tiña da treboada.
E máis aínda cando se fixo costureira. Costureira ambulante. Aprendéronlle a costura coa Singer aos catorce anos. Cosía na casa, mais non era moito prosperar. Moitas veces pagaban con troco. Ti fas a roupa e eu douche uns ovos. Unhas patacas. Fariña. Mais nada comparábel ao día en que un fotógrafo, para pagar o que ela coseu para as fillas, lle fixo unha sesión. Non unha foto, senón unha sesión.
   Se os encargos non viñan, ou viñan poucos, había que ir buscalos. Ocorréuselle a ela e mais a unha amiga, María. Ser costureiras ambulantes. Ían coa Singer portátil enriba da cabeza de aldea en aldea. Atravesando montes e veigas. Polos carreiros e polas fondas corredoiras. Ás veces, acompañábaas unha terceira amiga. Non importaba se cosía ben ou mal. Cando ela cantaba, pasaba o que din da cotovía. Que espanta todos os medos. Que terma das nubes, dos tronos e dos lóstregos.(...)"

*Cadro costumista. Sirva de homenaxe a miña nai, que tamén foi, na súa mocidade, "costureira ambulante" na Galicia rural dos anos 40-50... que cantaba polos camiños para escorrentar os medos e que aínda hoxe non dá domeado o lóstrego. Este relato reaviva o recordo das palabras escoitadas tantas veces ...  Marabilloso Manuel Rivas!!!

*(fragmento de As voces baixas...de Manuel Rivas)

*Podemos aproveitar este texto par repasar a acentuación das palabras

   

martes, 26 de marzo de 2013

Palabras.... con imaxe

                                                                                                                                                                                           

                          
                   
         

                Hoxe non é 8 de marzo, ou si....se cadra todos os días deberan ter un pouco de 8-M.  
                Neste vídeo, gravado nunha rúa de A Coruña, recóllese unha escenificación, sinxela e    
                representativa, do devir de moitas mulleres...
               

                           - Agradecementos aos artistas e tamén a   M.G.  ,autor do vídeo -

                               (Para máis información, preme sobre os enlaces destacados)

lunes, 3 de diciembre de 2012

Palabras... para ler entre liñas



 

  " Non sei... impórtame un pito que as mulleres teñan os peitos como magnolias ou coma pasas de figo; unha pel de pexego ou de papel de lixa. Doulle unha importancia igual a cero ao feito de que amañezan cun alento afrodisíaco ou cun alento insecticida. Son perfectamente capaz de soportarlles un nariz que sacase o primeiro premio nunha mostra de cenorias;mais, iso sí! -e nisto son irredutible- non lles perdoo, baixo ningún pretexto, que non saiban voar. Se non saben voar, perden o tempo comigo. "


            Tradución libre dun poema de Oliverio Girondo

    Entre liñas quero ler que o contido do poema serve tamén se intercambiamos os xéneros...

                         -Para saber máis do poeta, preme sobre o seu nome-

sábado, 24 de noviembre de 2012

Palabras... contra a violencia machista




25 de novembro... para reflexionar sobre a violencia machista, esta película de    LUÍS BUÑUEL
     
                                  -para saber máis do cineasta, preme sobre o seu nome-

domingo, 8 de julio de 2012

Palabras sen espazo propio ....Siri Hustvedt

                         >>  Cruzou a miña mente a incómoda certeza de ter carecido sempre dun espazo para min e o meu, de terme visto limitada a garabatear algo durante un momento roubado. Ao principio do meu matrimonio traballaba na mesa da cociña e corría a atender a Daisy cando espertaba da sesta. As miñas clases e a poesía dos meus alumnos (poemas desprovistos de urxencia, cubertos de lazadiñas e ornamentos "literarios") consumiran incontables horas do meu tempo. O que sucedía era que fora incapaz de forxarme un espazo propio ou, máis ben, que non o fixera como debía. Algunhas persoas aprópianse simplemente do espazo que necesitan, expulsando a cotobeladas aos intrusos ata tomar posesión del. Boris era capaz de logralo sen mover un músculo. O único que debía facer era plantarse alí "silencioso coma un rato". Non obstante, eu era un rato ruidoso que algarexaba e rabuñaba as paredes, pero non me servía para nada. Aí radica a maxia da autoridade, dos cartos, dos penes...  >>


                                          (fragmento de El verano sin hombres de  Siri Hustvedt)                     

                                              Para saber máis da autora, preme sobre o seu nome