Buscar este blog

martes, 19 de noviembre de 2013

O tesouro.... nas Palabras ( Manuel Vicent )



Está abrindo o día. É a hora dos paxaros. Aos colexios e institutos chegan en bandadas mozos e nenos cargados coas súas mochilas. Eles non o saben, pero todos se dirixen á illa do tesouro. Pode que ignoren onde está ese mar e en qué consiste a travesía e qué clase de cofre repleto de moedas de ouro os espera realmente. O patio do colexio transfórmase, de súpeto, nun ruidoso embarcadoiro. Desde ese peirao cheo de mochilas cada alumno abordará a súa aula respectiva, que, se ben non o parece, trátase dunha nave lista para zarpar cada mañá. Na aula hai unha pizarra pulida onde o profesor, que é o temoneiro desta aventura, trazará todos os días o mapa desa illa da fortuna. Ciencias, matemáticas, historia, lingua, xeografía: cada materia ten un rumbo distinto e cada rumbo un enigma que haberá que descifrar. A travesía vai ser longa, azarosa, chea de escollos. Moitos destes nenos e mozos tripulantes nunca enxergarán as palmeiras, uns por escaseza de medios, outros por falta de esforzo ou mala suerte, pero ninguén lles pode negar o dereito a arribar felizmente á illa que sinalaron os mapas como final da travesía. Ese mar está inzado de piratas, que teñen o seu santuario na caverna do Goberno. Todas as medidas que un Goberno adopte contra o dereito dos estudantes a realizar os seus soños, recortes na educación, privilexios de clase, fanatismo relixioso, serán equivalentes ás accións brutais daqueles corsarios que asaltaban as rutas dos navegantes intrépidos, os expoliaban e despois os guindaban ao mar. Daqueles pequenos expedicionarios que embarcaron cara á illa do tesouro só os más afortunados chegarán a bo porto. Algúns soñarán con cambiar o mundo, outros conformaranse con levar unha vida a ras da existencia. Cando recén desembarcados pregunten onde se atopa o cofre do tesouro, o temoneiro diralles: estaba xa na mochila que cargabades ao chegardes por primera vez ao colexio. O tésouro é todo o que levades aprendido, os libros que tedes lido, a cultura que teñades acadado. Ese tesouro, que levades convosco, non será detectado por ningún escáner, cruzará libremente todas as alfándegas e fronteiras, e tampoco ningún pirata non volo poderá nunca arrebatar.



 -tradución do artigo de Manuel Vicent, titulado "Tesouro", publicado no  xornal El País.(13-10-2013)-

lunes, 18 de noviembre de 2013

Palabras... para o tempo presente ? ( Luís Landero )

"Na escola de vila onde eu aprendín a ler e a escribir e a facer as catro regras, aló polo 1954, só había un libro, que era propiedade do mestre. O mestre poñíanolo aberto sobre o pupitre, para preservalo das nosas mans pecadoras, e nós iamos lendo nel, en voz alta e clara, e nunca pasabamos a outra frase ata que a anterior quedara ben dita, ben entoada e perfectamente comprendida. As palabras que non entendiamos, apuntabámolas, coa súa definición, no noso caderno, nunha sección que se chamaba "O meu vocabulario". Despois faciamos un ditado e a análise morfolóxica e sintáctica dunha frase. Isto é un substantivo, isto un adxectivo, isto un verbo, este é o suxeito, estes os complementos, iamos escribindo na sección correspondente do noso caderno. Todo alí era diáfano e elemental. A maioría daqueles escolares, como ocorrera tamén cos nosos maiores, non pasaron desa instrución primaria, mais aprenderon moi ben e para sempre a ler, a escribir, ademais dunhas nocións sólidas de aritmética. Entón, só os fillos de xente acomodada podían seguir estudando máis aló da escola. A educación, durante moitos anos, foi un privilexio, non un dereito. No tocante ao método didáctico, era moi sinxelo: o mestre ensinaba e ti traballabas e aprendías. As cousas acadábanse con esforzo, disciplina e paciencia. Esa era toda a súa vella e pobre pedagoxía. ..."


( tradución dun fragmento recollido do artigo, publicado en El País Semanal, titulado "Aprender lengua lleva toda una vidapor  Luís Landero )

sábado, 2 de noviembre de 2013

Palabras ... para unha banda deseñada (Ardalén.Miguelanxo Prado)






   Di Miguelanxo Prado, autor de Ardalén -Premio Nacional de Cómic 2012-:





   "O cómic é unha linguaxe moi lenta. Non hai atallos. Sempre hai unha páxina en branco na que tes que ir viñeta a viñeta.
 Neste traballei a bo ritmo, creo que se o fixese con menos anos de experiencia tardaría o dobre..."





-cita recollida o 1-XI-2013 no xornal El País-
-para saber mais do autor do cómic, preme sobre o seu nome- 

lunes, 16 de septiembre de 2013

Palabras... para o comezo de curso

                   
                  Inauguramos hoxe o curso escolar con esta estupenda viñeta de DÁVILA que me facilita unha compañeira. 

(se queres visitar o blog do humorista galego, preme sobre o seu nome)

miércoles, 31 de julio de 2013

Palabras... "coma brasas"








Con estes pequenos traballos manuais e algunhas lecturas, vai pasando este verán amable... velaquí unhas mostras:




"Poeta ou non, eu cantarei as cousas
que na soleira de min mesmo agardan.
Alumarei con fachas de palabras,
ancho herdo meu, o mundo que me deron."
                                                                                       "Eí están, coma brasas contra a noite,
                                                                                       as vellas cousas, cheas de destinos.
                                                                                       Ollos que piden, de famentos nenos,
                                                                                       Ollos que esperan, dunha adoescente."
         "Galiza en min, meu Deus, pan que me deron,
         leite e centeo e soño e lus de aurora!
         Longa rúa da mar, fogar da terra,
         i esta crus que nos mide de alto a baixo"
                                                                                              "Con este alento, eu lles darei ás cousas
                                                                                              o drama cheo que lles nega a vida:
                                                                                              dareilles rostos, para que se conozan,
                                                                                              palabras lles darei pra que se entendan..."
         

  -o poema, de Xosé Mª Díaz Castro, titúlase "COMA BRASAS"-      
  -para saber máis do autor, preme sobre o enlace-
                                                        

lunes, 1 de julio de 2013

Palabras... de Amancio Prada




       Gústame Amancio Prada. Este venres mostrou o seu último traballo en A Coruña e funo ver. Coma sempre, non decepcionou, entregado e xeneroso con ese público que o segue, diría eu, cun moito de devoción. 


      Quixera lembrar aquí dúas intervencións de Amancio Prada, xa doutro tempo, que gardo, moi especialmente, na miña memoria:
-Antífona del otoño en el valle del Bierzo no 2004, con Juan Carlos Mestre, outro gran poeta.
-Cantar la lengua. Conferencia de Amancio Prada, no 2011, na Fundación Comillas. Moi instrutiva, pero, sobre todo, absolutamente emocionante.


 - Para saber máis do poeta, preme sobre a súa imaxe -
                                         - Para  escoitar  a Antífona  ou  a  Conferencia, preme sobre os enlaces -