Buscar este blog

lunes, 28 de mayo de 2012

Por que te quero, ... Diario?

>>   ...Nunha ocasión, papá xa marchara, díxome: "Por que  non escribes un diario? Lanza os teus medos sobre o papel, verás como así desaparecen. Mellor aínda, por que non te pos a inventar algo fermoso? 'As máis grandes aventuras' di un filósofo 'sucédenlle a quen antes é capaz de verbalizalas' "
Dende entón eu escribo o meu diario, pero nunca conto as cousas como son realmente, senón como espero que sexan. Isto tranquilizoume e mesmo me ten salvado dalgún estrinximento, porque dende pequena gardaba os meus medos todos dentro e quizais transformábanse en moreas de merda acugulada alí, bloqueada. Dende o momento en que comecei a escribir e escribo os meus soños, vou ao baño regularmente...    >>



(Tradución libre de Ali di babbo,-cap.: la fortuna- de Milena Agus)


-para saber máis da autora, preme sobre o seu nome-

No hay comentarios: