A CARRETA
Buscar este blog
domingo, 13 de enero de 2013
Palabras... pola filosofía (Carmen Hernández)
"
Cando os homes deixan de pensar vólvense masa e a masa déixase arrastrar pola incoherencia, a violencia e a manipulación. Levamos demasiado tempo intentando educar ao cidadán na tolerancia, a xustiza, a liberdade, para que agora sexa necesario xustificar o noso labor. Pero semella que todo iso non abonda, como semella que non é importante nunha formación académica coñecer a orixe e o desenvolvemento da nosa concepción do mundo, da moral ou da nosa sociedade. Quizais simplemente non interese a verdade, quizais a verdade non teña valor porque non cotiza en Bolsa. Non obstante, unha sociedade que lle volve as costas aos dereitos fundamentais e ao seu fundamento é unha sociedade en vías de extinción
"
---
Tradución libre dunha "carta ao director" publicada en EL PAÍS e asinada por Carmen Hernández de Guadalajara (13-01-2013)... Breve e contundente a un tempo, invita a unha reflexión moi necesaria
---
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario