Buscar este blog
viernes, 3 de enero de 2014
lunes, 16 de diciembre de 2013
Palabras ... para un conto (Santiago Roncagliolo)
“...Pensemos qué pasaría na gran
literatura se tivese que limitarse ás leccións edificantes. Se
cadra debemos cambiar ao pederasta de Lolita por
unha tía cariñosa.
E darlle a Madame Bobary unha
vida sexual sa e satisfactoria. E no canto do executivo asasino en
serie de American psycho, teríamos
que poñer a un xardineiro macrobiótico. Absurdo? E por que non é
absurdo cos nenos? Non confiamos neles?
Non.
Non confiamos en nós mesmos.
O
férreo control de contidos editoriais infantís non protexe aos
nenos, senón aos pais. Temos medo das preguntas incómodas.
Asústanos ser incapaces de explicar por qué eses pais abandonan os
seus fillos ou esas madrastras son malas (anque durante séculos
abondou a frase “porque é un conto, fillo”).
En
definitiva, temos medo de falar cos nosos propios fillos. Pero
xustamente para iso se fan os libros: para pensar, imaxinar e
discutir.
Se
eliminamos dos libros todo o que nos pareza inapropiado, non
salvaremos aos nosos fillos das malas ideas. Pola contra,
volverémolos incapaces de recoñecelas. O que si lograremos é que
os rapaces abandonen a lectura e se entreguen á PlayStation, onde
poden matar a unha morea de xente sen que ninguén se queixe.”
(tradución dun fragmento de "Cuentos para niños malos". SANTIAGO RONCAGLIOLO. El país semanal 15-12-2013)
-Para saber máis sobre as obras citadas e/ou sobre o autor do artigo...preme sobre os respectivos enlaces-
sábado, 14 de diciembre de 2013
miércoles, 11 de diciembre de 2013
Retratos de escola ... 7 (Manuel Álvarez Torneiro)
Soaba
unha pingueira nunha tina de zinc,
alí,
onde contaban a historia conveniente.
E
chovía nos verbos, naquel nove entre cinco.
E
a táboa do oito era outra mentira tan exacta;
e
era outra mentira o mapa da parede sen o río da aldea.
Chovía
nos vacíos das fórmulas e as frases,
na
mañá de zotal e tinta fría.
E
alí alguén soñou barricadas de estampas,
Cárpatos
de ningures,
petos
cheos de amoras, un brinco endomingado,
a
saúde do seixo e o pentagrama
para
fuxir dun mundo de aligacións e ángulos,
da
mosca verdiazul do mediodía.
Soaba
unha pingueira nunha tina de zinc.
¿Onde
resiste quen foi pasquín de rebelión e escándalo?
¿En
que tenda de praza-patrimonio vende sedas,
ou
viño, ou mente con megáfono?
¿Onde
é materia para un himno?
¿Fervor
de que océano ou alcoba?
¿Onde
home de proveito?¿Que guarismo?
E
un día fundaron o castigo:
requisaron
a luz nos seus depósitos,
as
estrelas de lata, os acopios de mica,
algo
do mar en soños outorgado
e
puxeron a primeira inocencia contra a parede,
contra
o mapa das patrias sen a patria,
sen
o río da aldea.
Soaba
unha pingueira nunha tina de zinc
Comezaba
o inverno
a
durar media vida.
Fermoso poema no que o autor recrea a "escola" da Galicia dos anos 40-50.
"aula de posguerra", poemario HABITANTE ÚNICO -1977- , de Mauel Álvarez Torneiro , Premio Nacional de Poesía 2013.
-para saber máis do poeta, preme sobre o seu nome-
lunes, 9 de diciembre de 2013
Palabras .... para entender... (Juan Cruz)
“...Qué
sorte ler. (…)O escritor israelita David Grossman dixo que en
canto puido ler, pois na súa casa non se lía, comezou a entender o
que pasaba no seu país e na vida. LER PARA ENTENDER. Para saber
máis, pero non necesariamente para saber máis cós outros, senón
para entender aos outros. Grossman dixo que lendo ao outro aprendes a
axudarlle a estar cerca de ti, anque sexa o teu inimigo, e el sabe de
qué fala, pois vive alí onde a terra, a auga, o aire se disputa sen
tregua e sen vontade de reconciliación. El traballa, dende a palabra
escrita, dende a lectura e dende os seus libros, a prol de que un día
ese inferno sexa un lugar común da terra.
Ler é unha sorte e unha
obriga: os que mandan nos países débena asumir como unha das
tarefas prioritarias da súa función pública...”
-tradución dun fragmento do artigo de Juan Cruz, MAL EDUCADOS, publicado no xornal ElPaís (8/12/2013)-
-para saber máis do autor citado no artigo, preme sobre o seu nome-
martes, 19 de noviembre de 2013
O tesouro.... nas Palabras ( Manuel Vicent )
Está
abrindo o día. É a hora dos paxaros. Aos colexios e institutos
chegan en bandadas mozos e nenos cargados coas súas mochilas. Eles
non o saben, pero todos se dirixen á illa do tesouro. Pode que
ignoren onde está ese mar e en qué consiste a travesía e qué
clase de cofre repleto de moedas de ouro os espera realmente. O patio
do colexio transfórmase, de súpeto, nun ruidoso embarcadoiro. Desde
ese peirao cheo de mochilas cada alumno abordará a súa aula
respectiva, que, se ben non o parece, trátase dunha nave lista para
zarpar cada mañá. Na aula hai unha pizarra pulida onde o profesor,
que é o temoneiro desta aventura, trazará todos os días o mapa
desa illa da fortuna. Ciencias, matemáticas, historia, lingua,
xeografía: cada materia ten un rumbo distinto e cada rumbo un enigma
que haberá que descifrar. A travesía vai ser longa, azarosa, chea
de escollos. Moitos destes nenos e mozos tripulantes nunca enxergarán
as palmeiras, uns por escaseza de medios, outros por falta de esforzo
ou mala suerte, pero ninguén lles pode negar o dereito a arribar
felizmente á illa que sinalaron os mapas como final da travesía.
Ese mar está inzado de piratas, que teñen o seu santuario na
caverna do Goberno. Todas as medidas que un Goberno adopte contra o
dereito dos estudantes a realizar os seus soños, recortes na
educación, privilexios de clase, fanatismo relixioso, serán
equivalentes ás accións brutais daqueles corsarios que asaltaban as
rutas dos navegantes intrépidos, os expoliaban e despois os
guindaban ao mar. Daqueles pequenos
expedicionarios que embarcaron cara á illa do tesouro só os más
afortunados chegarán a bo porto. Algúns soñarán con cambiar o
mundo, outros conformaranse con levar unha vida a ras da existencia.
Cando recén desembarcados pregunten onde se atopa o cofre do
tesouro, o temoneiro diralles: estaba xa na mochila que cargabades ao chegardes por primera vez ao colexio. O tésouro é todo o que levades
aprendido, os libros que tedes lido, a cultura que teñades acadado.
Ese tesouro, que levades convosco, non será detectado por ningún
escáner, cruzará libremente todas as alfándegas e fronteiras, e
tampoco ningún pirata non volo poderá nunca arrebatar.
-tradución do artigo de Manuel
Vicent, titulado "Tesouro", publicado no xornal El País.(13-10-2013)-
lunes, 18 de noviembre de 2013
Palabras... para o tempo presente ? ( Luís Landero )
"Na escola de vila onde eu aprendín a ler e a escribir e a facer as catro regras, aló polo 1954, só había un libro, que era propiedade do mestre. O mestre poñíanolo aberto sobre o pupitre, para preservalo das nosas mans pecadoras, e nós iamos lendo nel, en voz alta e clara, e nunca pasabamos a outra frase ata que a anterior quedara ben dita, ben entoada e perfectamente comprendida. As palabras que non entendiamos, apuntabámolas, coa súa definición, no noso caderno, nunha sección que se chamaba "O meu vocabulario". Despois faciamos un ditado e a análise morfolóxica e sintáctica dunha frase. Isto é un substantivo, isto un adxectivo, isto un verbo, este é o suxeito, estes os complementos, iamos escribindo na sección correspondente do noso caderno. Todo alí era diáfano e elemental. A maioría daqueles escolares, como ocorrera tamén cos nosos maiores, non pasaron desa instrución primaria, mais aprenderon moi ben e para sempre a ler, a escribir, ademais dunhas nocións sólidas de aritmética. Entón, só os fillos de xente acomodada podían seguir estudando máis aló da escola. A educación, durante moitos anos, foi un privilexio, non un dereito. No tocante ao método didáctico, era moi sinxelo: o mestre ensinaba e ti traballabas e aprendías. As cousas acadábanse con esforzo, disciplina e paciencia. Esa era toda a súa vella e pobre pedagoxía. ..."
( tradución dun fragmento recollido do artigo, publicado en El País Semanal, titulado "Aprender lengua lleva toda una vida" por Luís Landero )
sábado, 2 de noviembre de 2013
Palabras ... para unha banda deseñada (Ardalén.Miguelanxo Prado)
Di Miguelanxo Prado, autor de Ardalén -Premio Nacional de Cómic 2012-:
"O cómic é unha linguaxe moi lenta. Non hai atallos. Sempre hai unha páxina en branco na que tes que ir viñeta a viñeta.
Neste traballei a bo ritmo, creo que se o fixese con menos anos de experiencia tardaría o dobre..."
-cita recollida o 1-XI-2013 no xornal El País-
-para saber mais do autor do cómic, preme sobre o seu nome-
martes, 22 de octubre de 2013
lunes, 21 de octubre de 2013
jueves, 17 de octubre de 2013
lunes, 16 de septiembre de 2013
Palabras... para o comezo de curso
Inauguramos hoxe o curso escolar con esta estupenda viñeta de DÁVILA que me facilita unha compañeira.
(se queres visitar o blog do humorista galego, preme sobre o seu nome)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



