Buscar este blog

miércoles, 25 de julio de 2012

Palabras para...Xulieta ( Manuel Vicent)


"Foi o primeiro verán, o de 1968, no que os seus pais a deixaron ir soa en bicicleta á praia. Levaba un libro na cestiña do guiador. "Cumes borrascosos". Era a única rapaza de dezaseis anos que lía novelas deitada nunha toalla sobre a area e ese costume adquirido con certa furia obsesiva apartáraa do resto do grupo. Gardaba en segredo o seu desexo de ser escritora. O de vivir unha gran paixón. Xulieta madurou de súpeto de xeito imprevisto, como esas nenas que un verán son aínda inocentes, pero o verán seguinte xa traen unha veladura de malicia instalada nos ollos que sorprende aos seus compañeiros de xogo ou volven á clase no novo curso e sen se decatar enguedellan nas súas redes ao profesor. É difícil saber en qué punto se produciu a transformación, se nas formas do corpo ou no terror que senten ao descubrir o desexo impúdico que espertan nos homes xoves e vellos ou no perigo insinuante da súa propia ollada, que non poden controlar..."


(tradución libre dun fragmento do artigo de Manuel Vicent, titulado "Julieta perdió la llave de casa", no xornal El País,  22-xullo-2012)

-Para escoitar algunhas opinións do autor sobre o feito literario, preme sobre o seu nome-


No hay comentarios: