Buscar este blog

sábado, 14 de julio de 2012

Qué tan lonxe... Tania Hermida



ANO 2006
DURACIÓN 92 min.
       PAÍS             
DIRECTORA Tania Hermida
GUIÓN Tania Hermida
MÚSICA Nelson García
FOTOGRAFÍA Armando Salazar
REPARTO Cecilia Vallejo, Tania Martínez, Pancho Aguirre, Fausto Miño, Elena Torres
PRODUTORA Corporación Ecuador para Largo
WEB OFICIAL http://www.que-tan-lejos.com/
XÉNERO Drama / Road Movie
                                Conta a directora,  nunha entrevista :
"...Eu quería facer unha película sobre algo tan abstracto como a percepción do mundo, e non só iso, senón de cómo a maneira na que falamos determina esa percepción; os nomes  que lles damos ás cousas determinan o que nos chega delas e, consecuentemente, ao nomealas doutra maneira, transformamos a súa realidade. Ambos os personaxes inician o seu camiño cheos de certidumes. Esperanza é a típica turista cun libro de viaxes na cabeza. Todo lle parece digno dunha foto, e iso impídelle ir máis aló. O enfoque de Teresa, por outra banda, parte das súas teorías sobre si mesma e sobre o mundo. Séntese con moita solvencia para descartar as opinións da outra. No camiño, ambas van perdendo esas certidumes; van quedando sen palabras, sen discurso. E iso é a viaxe: despoxarse de discursos, de estruturas, de verdades... Todo está por inventarse...Desaparecen os significados... Restan só os "significantes". E porén, despois recupéranse "significados"... A clave do guión está nas palabras, no nome das cousas..."  
                                
                        
                              TANIA HERMIDA

    (se queres saber máis da autora, preme sobre o seu nome)

     (se queres saber máis sobre o proxecto da película, contado pala directora, preme   sobre o título da película)
            
     (se queres ver un trailer da película preme sobre a fotografía de presentación)