Buscar este blog

viernes, 28 de diciembre de 2012

Palabras para un club... de lectura (Ángel Gabilondo)


  É fermoso ver a alguén que le para varios, ou a dous que len xuntos, pode que o mesmo libro ou libros diferentes. É misterioso e atractivo o que enlaza aos que leron ou len  unha mesma obra, o libro que nos vencella a quen durante quizais séculos teñen pasado polas mesmas páxinas sendo para cada un deles distintas. En definitiva, o vínculo de escoitar xuntos é tanto como o de ter que ver con alguén. Mentres compartamos libros haberá comunidade, algo común que nos abrace ou abracemos, e será posible a comunicación. Regalámonos libros tamén para procurármonos complicidades. E non é infrecuente que desexemos compartir o pracer dalgunhas lecturas  con outros aos que apreciamos. Porque, a fin de contas, o illamento que nos procura a lectura non é necesariamente o dun ensimesmamento. Ao ler agroma en nós o vivido cunha nova realidade, a da memoria, e nela irrompen tantos con quen compoñela e narrala... "

     -Tradución libre dun fragmento escollido do libro "Darse a la lectura" de Ángel Gabilondo -
    -A ilustración desta entrada está inspirada en "Firmin", libro de Sam Savage  editado  por Seix Barral -
      
                                         (para saber máis de Ánxel Gabilondo, preme sobre o seu nome)

Dedico esta entrada moi especialmente aos alumnos, sobre todo alumnas, que comparten comigo o club de lectura "Biblolandia"

No hay comentarios: