<< ... A palabra "cita" vén significar que dúas ou máis persoas concertan unha hora, un día e un lugar para atoparse. E como non podía ocorrer doutra forma, tal sinalamento debe ser acordado previamente. De nada serve citarse para onte, ou para o mes pasado. Resultaría de todo punto de vista ineficaz citarse para hai dous anos e medio (....)
... A palabra "cita" leva a proxectar esa idea cara a un momento que está por vir; é dicir, un momento que converte inexorablemente á cita en previa a el, un momento que non ten máis remedio que ser posterior a ela se de verdade queremos que se trate dunha cita.
Na vida real, ninguén di que concertou cunhas amigas "unha cita previa" para cear (....)
... A publicidade oficial fará ben en suxerirnos, pois, que concertemos unha cita, establezamos unha cita, pidamos unha cita, tramitemos unha cita. E que acudamos así a resolver os nosos asuntos mediante cita, cunha cita, despois dunha cita. "Cita previa" é un pleonasmo como "libro con páxinas" ou "cadáver morto": e o pleonasmo soe suxerir que quen cae nel perdeu o verdadeiro valor dunha palabra. >>
Reflexión: O PLEONASMO...ten a mesma función na "VIDA REAL" que na "VIDA LITERARIA"??
Suxestión: repasar os usos do MODO SUBXUNTIVO... Por que aparece tantas veces neste texto??
No hay comentarios:
Publicar un comentario