Buscar este blog
miércoles, 23 de abril de 2014
domingo, 13 de abril de 2014
Palabras... para un Cadro Sinóptico (texto: A astronomía)
1. Antes de facer un esquema de chaves, ou cadro sinóptico, bota unha ollada a este vídeo:
2. Intenta agora facer o exercicio que se che propón neste enlace (preme aquí)
3. se queres ver unha solución posible, preme aquí
sábado, 22 de marzo de 2014
Palabras que son versos (Eugénio de Andrade)
O pasado 21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía,,,URGENTEMENTE
É urgente o amor.
É urgente um barco no mar.
É urgente destruir certas palavras,
ódio, solidão e crueldade,
alguns lamentos,
muitas espadas.
É urgente inventar alegría,
multiplicar os beijos, as searas,
é urgente descobrir rosas e ríos
e manhâs claras.
Cai o silêncio nos ombros e a luz
impura, até doer.
É urgente o amor, é urgente
permanecer.
Eugénio de Andrade
Velaquí a nosa aportación
-Para saber máis, preme sobre os enlaces-
viernes, 21 de marzo de 2014
Das nosas palabras (Manuel Murguía)
"¡O noso idioma! O que falaron os nosos pais e vamos esquencendo, o que falan os aldeáns e nos achamos a ponto de non entendelo; aquel en que cantaron reis e trobadores; o que, fillo maor da pátrea gallega, nola conservou e conserva coma un don da providencia; o que aínda ten nos nosos labres as dozuras eternas e acentos que van ó corazón; o que agora oídes coma si fose un himno relixioso; o hermoso, o nobre idioma que do outro lado dese río é léngoa oficial que serve a máis de cinte milóns de homes e ten unha literatura representada polos nomes gloriosos de Camoens e Vieira, de Garret e de Herculano; o gallego, en fin, que é o que nos dá dereito á enteira posesión da terra en que fomos nados, que nos di que, pois somos un pobo distinto, debemos selo; que nos pormete o porvir que procuramos, e nos dá a certeza de que ha de ser fecundo en bens pra todos nós. Nel, coma en vaso sagrado en que se axuntan todos os prefumes, áchanse os principaes elementos da nosa nacionalidade, de novo negada, e, aínda máis, escarnecida. Doulle o celta a súa dozura e a maor parte do seu vocabulario; o romano afirmouno; ten do suevo as inflesións; do noso corazón, o acento falagador; e os brandos sonos, e os sentimentos das razas célticas. Un tanto femininos, é certo, pro que se tempran no valor heroico dos seus fillos. Léngoa distinta -di o aforismo político- acusa distinta nacionalidade. Digámolo nós tamén, se nos cómpre, con maor firmeza aínda, e poñamos de nós o que faga falla, pra que sea pra sempre esta léngoa en consonancia co noso esprito, e feita coma ningunha outra pra a espresión dunha literatura tan oposta ó xenio da de Castilla como é esta que nós temos"
(Manuel Murguía -Do discurso nos Xogos Frorais de Tui-)
-Para saber máis sobre o autor destas palabras, preme sobre o seu nome-
-Para saber máis do evento literario, preme sobre o enlace que leva o seu nome-
martes, 11 de marzo de 2014
sen Palabras...(.os Séculos Escuros)
Séculos escuros from IES
- agradecementos aos compañeiros do IES Lama das Quendas por este traballo -
- agradecementos aos compañeiros do IES Lama das Quendas por este traballo -
miércoles, 5 de marzo de 2014
Xogos....de palabras (Xosé Mª Díaz Castro)
Nesta serie de xogos, creados a partir do poemario NIMBOS ( Xosé Mª Díaz Castro ), o obxectivo primordial é o achegamento, desde a lectura e a reflexión, sempre de xeito desenfadado e lúdico, a esta obra representativa das nosas Letras galegas, especialmente neste 2014.
0.... Observacións previas -para as persoas moderadoras na realización dos xogos-
1. "Que lle pasa ao texto?"
2. "Enchemos baleiros"
3. "Palabras cambiadas"
4. "Completar poema"
5. "Emparellamos versos"
6. "Encaixamos versos"
7. "Ordenamos estrofas"
8. "Partes de Nimbos"
9. "Verso desordenado"
10."Encrucillado"
-se queres xogar, preme sobre cada un dos enlaces-
-para saber máis de Xosé María Díaz Castro, preme sobre o seu nome -
viernes, 3 de enero de 2014
Nas marxes da Palabra (Peter Jenny)
"
Cando era pequeno, tiven a sorte de ter un
profesor que, ao rematar unha redacción sobre calquera tema,
deixábanos encher con garabatos as marxes das follas. Case sen nos
decatar, desenvolvemos a nosa propia
cultura
do garabato. Ao meu profesor non lle importaba a creatividade, el só
quería aproveitar ben o escaso subministro de folios. Isto deunos
unha grande liberdade á hora de expresármonos. Así, rematabamos
expresándonos de xeito máis auténtico nas marxes dos folios que
nas propias redaccións. Como era de esperar, as redaccións facíanse
máis e máis curtas e as marxes (os nosos lenzos) cada vez máis
amplos. Os debuxos foron conquistando discretamente cada vez máis
espazo nos nosos folios. Incluso mentres faciamos exercicios de
cálculo, chegamos a desenvolver un mundo paralelo a carón dos
números, para desgraza do inspector de educación, que non sabía
moi ben cómo avaliar estes debuxos."
(
Tradución dun fragmento da Introdución a "Dibujo anatómico"
de Peter Jenny )
lunes, 16 de diciembre de 2013
Palabras ... para un conto (Santiago Roncagliolo)
“...Pensemos qué pasaría na gran
literatura se tivese que limitarse ás leccións edificantes. Se
cadra debemos cambiar ao pederasta de Lolita por
unha tía cariñosa.
E darlle a Madame Bobary unha
vida sexual sa e satisfactoria. E no canto do executivo asasino en
serie de American psycho, teríamos
que poñer a un xardineiro macrobiótico. Absurdo? E por que non é
absurdo cos nenos? Non confiamos neles?
Non.
Non confiamos en nós mesmos.
O
férreo control de contidos editoriais infantís non protexe aos
nenos, senón aos pais. Temos medo das preguntas incómodas.
Asústanos ser incapaces de explicar por qué eses pais abandonan os
seus fillos ou esas madrastras son malas (anque durante séculos
abondou a frase “porque é un conto, fillo”).
En
definitiva, temos medo de falar cos nosos propios fillos. Pero
xustamente para iso se fan os libros: para pensar, imaxinar e
discutir.
Se
eliminamos dos libros todo o que nos pareza inapropiado, non
salvaremos aos nosos fillos das malas ideas. Pola contra,
volverémolos incapaces de recoñecelas. O que si lograremos é que
os rapaces abandonen a lectura e se entreguen á PlayStation, onde
poden matar a unha morea de xente sen que ninguén se queixe.”
(tradución dun fragmento de "Cuentos para niños malos". SANTIAGO RONCAGLIOLO. El país semanal 15-12-2013)
-Para saber máis sobre as obras citadas e/ou sobre o autor do artigo...preme sobre os respectivos enlaces-
sábado, 14 de diciembre de 2013
miércoles, 11 de diciembre de 2013
Retratos de escola ... 7 (Manuel Álvarez Torneiro)
Soaba
unha pingueira nunha tina de zinc,
alí,
onde contaban a historia conveniente.
E
chovía nos verbos, naquel nove entre cinco.
E
a táboa do oito era outra mentira tan exacta;
e
era outra mentira o mapa da parede sen o río da aldea.
Chovía
nos vacíos das fórmulas e as frases,
na
mañá de zotal e tinta fría.
E
alí alguén soñou barricadas de estampas,
Cárpatos
de ningures,
petos
cheos de amoras, un brinco endomingado,
a
saúde do seixo e o pentagrama
para
fuxir dun mundo de aligacións e ángulos,
da
mosca verdiazul do mediodía.
Soaba
unha pingueira nunha tina de zinc.
¿Onde
resiste quen foi pasquín de rebelión e escándalo?
¿En
que tenda de praza-patrimonio vende sedas,
ou
viño, ou mente con megáfono?
¿Onde
é materia para un himno?
¿Fervor
de que océano ou alcoba?
¿Onde
home de proveito?¿Que guarismo?
E
un día fundaron o castigo:
requisaron
a luz nos seus depósitos,
as
estrelas de lata, os acopios de mica,
algo
do mar en soños outorgado
e
puxeron a primeira inocencia contra a parede,
contra
o mapa das patrias sen a patria,
sen
o río da aldea.
Soaba
unha pingueira nunha tina de zinc
Comezaba
o inverno
a
durar media vida.
Fermoso poema no que o autor recrea a "escola" da Galicia dos anos 40-50.
"aula de posguerra", poemario HABITANTE ÚNICO -1977- , de Mauel Álvarez Torneiro , Premio Nacional de Poesía 2013.
-para saber máis do poeta, preme sobre o seu nome-
lunes, 9 de diciembre de 2013
Palabras .... para entender... (Juan Cruz)
“...Qué
sorte ler. (…)O escritor israelita David Grossman dixo que en
canto puido ler, pois na súa casa non se lía, comezou a entender o
que pasaba no seu país e na vida. LER PARA ENTENDER. Para saber
máis, pero non necesariamente para saber máis cós outros, senón
para entender aos outros. Grossman dixo que lendo ao outro aprendes a
axudarlle a estar cerca de ti, anque sexa o teu inimigo, e el sabe de
qué fala, pois vive alí onde a terra, a auga, o aire se disputa sen
tregua e sen vontade de reconciliación. El traballa, dende a palabra
escrita, dende a lectura e dende os seus libros, a prol de que un día
ese inferno sexa un lugar común da terra.
Ler é unha sorte e unha
obriga: os que mandan nos países débena asumir como unha das
tarefas prioritarias da súa función pública...”
-tradución dun fragmento do artigo de Juan Cruz, MAL EDUCADOS, publicado no xornal ElPaís (8/12/2013)-
-para saber máis do autor citado no artigo, preme sobre o seu nome-
martes, 19 de noviembre de 2013
O tesouro.... nas Palabras ( Manuel Vicent )
Está
abrindo o día. É a hora dos paxaros. Aos colexios e institutos
chegan en bandadas mozos e nenos cargados coas súas mochilas. Eles
non o saben, pero todos se dirixen á illa do tesouro. Pode que
ignoren onde está ese mar e en qué consiste a travesía e qué
clase de cofre repleto de moedas de ouro os espera realmente. O patio
do colexio transfórmase, de súpeto, nun ruidoso embarcadoiro. Desde
ese peirao cheo de mochilas cada alumno abordará a súa aula
respectiva, que, se ben non o parece, trátase dunha nave lista para
zarpar cada mañá. Na aula hai unha pizarra pulida onde o profesor,
que é o temoneiro desta aventura, trazará todos os días o mapa
desa illa da fortuna. Ciencias, matemáticas, historia, lingua,
xeografía: cada materia ten un rumbo distinto e cada rumbo un enigma
que haberá que descifrar. A travesía vai ser longa, azarosa, chea
de escollos. Moitos destes nenos e mozos tripulantes nunca enxergarán
as palmeiras, uns por escaseza de medios, outros por falta de esforzo
ou mala suerte, pero ninguén lles pode negar o dereito a arribar
felizmente á illa que sinalaron os mapas como final da travesía.
Ese mar está inzado de piratas, que teñen o seu santuario na
caverna do Goberno. Todas as medidas que un Goberno adopte contra o
dereito dos estudantes a realizar os seus soños, recortes na
educación, privilexios de clase, fanatismo relixioso, serán
equivalentes ás accións brutais daqueles corsarios que asaltaban as
rutas dos navegantes intrépidos, os expoliaban e despois os
guindaban ao mar. Daqueles pequenos
expedicionarios que embarcaron cara á illa do tesouro só os más
afortunados chegarán a bo porto. Algúns soñarán con cambiar o
mundo, outros conformaranse con levar unha vida a ras da existencia.
Cando recén desembarcados pregunten onde se atopa o cofre do
tesouro, o temoneiro diralles: estaba xa na mochila que cargabades ao chegardes por primera vez ao colexio. O tésouro é todo o que levades
aprendido, os libros que tedes lido, a cultura que teñades acadado.
Ese tesouro, que levades convosco, non será detectado por ningún
escáner, cruzará libremente todas as alfándegas e fronteiras, e
tampoco ningún pirata non volo poderá nunca arrebatar.
-tradución do artigo de Manuel
Vicent, titulado "Tesouro", publicado no xornal El País.(13-10-2013)-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
