Buscar este blog

martes, 26 de marzo de 2013

Palabras.... con imaxe

                                                                                                                                                                                           

                          
                   
         

                Hoxe non é 8 de marzo, ou si....se cadra todos os días deberan ter un pouco de 8-M.  
                Neste vídeo, gravado nunha rúa de A Coruña, recóllese unha escenificación, sinxela e    
                representativa, do devir de moitas mulleres...
               

                           - Agradecementos aos artistas e tamén a   M.G.  ,autor do vídeo -

                               (Para máis información, preme sobre os enlaces destacados)

lunes, 25 de febrero de 2013

Polisemia-s................................. (O Carrabouxo)





  Velaquí esta marabillosa viñeta de  O Carrabouxo...  aquí vola deixo para repasar o concepto de "polisemia" (cando unha palabra ten varios significados. No dicionario hai unha soa entrada con distintas acepcións)


      -para saber máis de O Carrabouxo, preme sobre o enlace-

sábado, 26 de enero de 2013

martes, 1 de enero de 2013

Palabras para recibir un ano novo... (Maruja Torres)

"   O mar como realidade  -poste de costas a todo o demais , e adéntraste nel para que te rebautice no laicismo, decencia e solidariedade- , pero tamén como metáfora. Quen non teña a sorte de vivir á beira do Mediterráneo ou do Atlántico, nin de que o leven a velos ao pé dun cantil -como seguramente me ocorrerá a min- ten todas as posibilidades do espírito para poñer en marcha a súa oleaxe. Pecha os ollos, abre o teu corazón ao mar, deixa que cho limpe, o corazón e a mente, de tantas inxerencias como ten padecido nos últimos tempos.
   Cando regresemos do mar aos asuntos cotiáns, a porcallada seguirá aí, pero nós seremos un pouco máis fortes contra ela.
   Iso espero, ou iso desexo. Feliz, malia todo, 2013.  "



   -Tradución libre dun fragmento do artigo Mar que limpa  de Maruja Torres aparecido no País Semanal o 30 de decembro de 2012-

             (Para coñecer mellor á autora, preme sobre o seu nome...Tamén podes ler os seus libros...)

viernes, 28 de diciembre de 2012

Palabras para un club... de lectura (Ángel Gabilondo)


  É fermoso ver a alguén que le para varios, ou a dous que len xuntos, pode que o mesmo libro ou libros diferentes. É misterioso e atractivo o que enlaza aos que leron ou len  unha mesma obra, o libro que nos vencella a quen durante quizais séculos teñen pasado polas mesmas páxinas sendo para cada un deles distintas. En definitiva, o vínculo de escoitar xuntos é tanto como o de ter que ver con alguén. Mentres compartamos libros haberá comunidade, algo común que nos abrace ou abracemos, e será posible a comunicación. Regalámonos libros tamén para procurármonos complicidades. E non é infrecuente que desexemos compartir o pracer dalgunhas lecturas  con outros aos que apreciamos. Porque, a fin de contas, o illamento que nos procura a lectura non é necesariamente o dun ensimesmamento. Ao ler agroma en nós o vivido cunha nova realidade, a da memoria, e nela irrompen tantos con quen compoñela e narrala... "

     -Tradución libre dun fragmento escollido do libro "Darse a la lectura" de Ángel Gabilondo -
    -A ilustración desta entrada está inspirada en "Firmin", libro de Sam Savage  editado  por Seix Barral -
      
                                         (para saber máis de Ánxel Gabilondo, preme sobre o seu nome)

Dedico esta entrada moi especialmente aos alumnos, sobre todo alumnas, que comparten comigo o club de lectura "Biblolandia"

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Palabra de... Celso Emilio Ferreiro



     




        No 2012 celébrase o centenario do nacemento de  Celso Emilio Ferreiro,  un poeta das nosas letras galegas moi querido por  min. Para homenaxealo, a Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística difundiu este estupendo vídeo realizado no IES As Barxas de Moaña (Pontevedra) a partir dun poema do autor: "deitado frente mar"  (LONGA NOITE DE PEDRA, 1962)

   Súmome á convocatoria da homenaxe, este 12-12-2012, contribuíndo á difusión do vídeo. Parabéns aos seus autores...


-Para saber máis do autor e da súa obra, preme sobre os enlaces-


lunes, 3 de diciembre de 2012

Palabras... para ler entre liñas



 

  " Non sei... impórtame un pito que as mulleres teñan os peitos como magnolias ou coma pasas de figo; unha pel de pexego ou de papel de lixa. Doulle unha importancia igual a cero ao feito de que amañezan cun alento afrodisíaco ou cun alento insecticida. Son perfectamente capaz de soportarlles un nariz que sacase o primeiro premio nunha mostra de cenorias;mais, iso sí! -e nisto son irredutible- non lles perdoo, baixo ningún pretexto, que non saiban voar. Se non saben voar, perden o tempo comigo. "


            Tradución libre dun poema de Oliverio Girondo

    Entre liñas quero ler que o contido do poema serve tamén se intercambiamos os xéneros...

                         -Para saber máis do poeta, preme sobre o seu nome-

sábado, 1 de diciembre de 2012

Palabras... para xogar



Se atinas co recadro axeitado e premes sobre el, poderás acceder a unha páxina con xogos en liña


sábado, 24 de noviembre de 2012

Palabras... contra a violencia machista




25 de novembro... para reflexionar sobre a violencia machista, esta película de    LUÍS BUÑUEL
     
                                  -para saber máis do cineasta, preme sobre o seu nome-