Buscar este blog

Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de octubre de 2014

palabras que importan....EN EL NOMBRE DE LA HIJA (Ecuador)


                                                                                                                                                                                                                                                                              

En el Nombre de la Hija  é unha deliciosa película ecuatoriana  escrita e dirixida pola cineasta Tania Hermida...

Data da estrea: 7 de novembro de 2011
Directora: Tania Hermida
Duración: 108 minutos
Música composta por: Nelson García
Guión: Tania Hermida
Reparto:Pancho Aguire,   Eva Mayu Mecham Benavides,Sebastián Hormachea,Martina León

-para saber máis, preme sobre os enlaces-

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Palabras... para unha reportaxe filmada (Enrique Meneses)

"...Axiña me dei conta de que os xornalistas que utilizabamos non comprendían o significado da reportaxe filmada. Tratábana como se fose a publicarse sobre o soporte papel nunha revista ou nun diario. (...)
   Cando se realiza un filme comercial, pártese dun guión e un découpage que permite rodar escenas acrónicas pero necesariamente desordenadas para abaratar custos. Non se vai e se volve a un lugar para seguir a cronoloxía senón que todo o que ten que suceder no escenario X se filma ao mesmo tempo.
   Se se vai realizar unha reportaxe sobre a Guerra do Congo (Miguel de la Quadra-Salcedo,1965), non se pode ir cun guión feito porque, xustamente, vaise para descubrir o que está a suceder. Non serve ningún guión previo. Este vaise ir facendo conforme suceden os acontecementos.
  Cando o xornalista regresa á súa base -ou envía o material a casa- ten unha escaleta construída mercé ao que viviu e filmou. A escaleta é como o esqueleto. Despois hai que superpoñerlle a carne e recubrir coa pel. Costou non pouco habituar ao equipo a traballar desta maneira, totalmente á inversa da que se practicaba daquela e que era a do cine comercial con guión. Introducín outras normas. Por exemplo, a montaxe debe facerse unha vez que a imaxe, limpa de erros e descartes, está montada segundo a escaleta. Logo, escríbese un texto que evite narrar o que o espectador está vendo na imaxe. A música móntase de atrás cara a diante para que o fin coincida cun cambio de secuencia. Esa era outra! había reporteiros que regresaban afirmando ter vinte horas de filmación, pero, á hora de visionar, decatabámonos de que o número de secuencias era mínimo. As entrevistas eran a chorro aberto. Para min unha secuencia media debe ter 30 segundos. (...)"



(Tradución dun fragmento de "Hasta aquí hemos llegado", apaixonante relato autobiográfico de Enrique Menenses)

-Para saber máis sobre o autor deste texto, preme sobre o enlace-

sábado, 24 de noviembre de 2012

Palabras... contra a violencia machista




25 de novembro... para reflexionar sobre a violencia machista, esta película de    LUÍS BUÑUEL
     
                                  -para saber máis do cineasta, preme sobre o seu nome-

sábado, 29 de septiembre de 2012

A palabra... en tea de xuízo


Título:   "Howl. La voz de una generación"
Título orixinal: Howl
País: USA
Estreno en USA: 24/09/2010
Produtora: WMA, Cinetic Media
Director: Rob Epstein & Jeffrey Friedman
Guión: Rob Epstein & Jeffrey Friedman
Reparto: James Franco, Paul Rudd, Mary-Louise Parker, Jeff Daniels, David Strathairn, Alan Alda, Jon Hamm

Sinopse...

"Biopic dun dos iconos da cultura norteamericana, o poeta Allen Ginsberg, bisagra entre o mundo beat dos 50 e o movemento hippie dos 60. Howl narra tres historias entrelazadas: o desenvolvemento dun histórico xuízo por obscenidade en 1957, as revelacións dun artista rebelde que racha barreiras para atopar o amor e a redención máis unha imaxinativa viaxe a través dunha profética obra maestra que sacudiu a toda unha xeración súmanse para crear un polifacético e multidisciplinar retrato de Howl (Ouleo), unha obra que se oiu en todo o mundo."


  Excelente película na que as reflexións sobre a literatura e a palabra se mesturan coa vida. Estupenda montaxe. Unha delicia para a razón e os sentidos...



(se queres ver un trailer da película, preme sobre a palabra "Sinopse")
(se queres saber máis sobre o poema que dá título á película, preme sobre sobre a palabra "howl" na primeira liña)



jueves, 19 de julio de 2012

Historias mínimas... Carlos Sorin

HISTORIAS MÍNIMAS
DIRECTOR...Carlos Sorin
CON... Javier Lombardo, Antonio Benedictis
Argentina, 2002 - 1h 33 min.


                      Comenta o director nunha entrevista:
....
P-  É dicir, que o guión xurdiu coa improvisación?
R-  Non. Había un guión cunha estrutura de narración que evidentemente funcionaba. Iso permitiume romper co guión e saír del. De haber problemas, volvía ao guión. Pódense improvisar as situacións e todas as cousas colaterais á acción central dunha película, pero a acción central, non. Ten que haber desde un primeiro até un terceiro acto, un motivo polo que o espectador se "engancha" a unha historia. Esa estrutura non se pode improvisar. Se un ten todo ese guión ben estudado, pode empezar a navegar...



               (se queres ver un trailer da película, preme sobre a carátula de presentación)




sábado, 14 de julio de 2012

Qué tan lonxe... Tania Hermida



ANO 2006
DURACIÓN 92 min.
       PAÍS             
DIRECTORA Tania Hermida
GUIÓN Tania Hermida
MÚSICA Nelson García
FOTOGRAFÍA Armando Salazar
REPARTO Cecilia Vallejo, Tania Martínez, Pancho Aguirre, Fausto Miño, Elena Torres
PRODUTORA Corporación Ecuador para Largo
WEB OFICIAL http://www.que-tan-lejos.com/
XÉNERO Drama / Road Movie
                                Conta a directora,  nunha entrevista :
"...Eu quería facer unha película sobre algo tan abstracto como a percepción do mundo, e non só iso, senón de cómo a maneira na que falamos determina esa percepción; os nomes  que lles damos ás cousas determinan o que nos chega delas e, consecuentemente, ao nomealas doutra maneira, transformamos a súa realidade. Ambos os personaxes inician o seu camiño cheos de certidumes. Esperanza é a típica turista cun libro de viaxes na cabeza. Todo lle parece digno dunha foto, e iso impídelle ir máis aló. O enfoque de Teresa, por outra banda, parte das súas teorías sobre si mesma e sobre o mundo. Séntese con moita solvencia para descartar as opinións da outra. No camiño, ambas van perdendo esas certidumes; van quedando sen palabras, sen discurso. E iso é a viaxe: despoxarse de discursos, de estruturas, de verdades... Todo está por inventarse...Desaparecen os significados... Restan só os "significantes". E porén, despois recupéranse "significados"... A clave do guión está nas palabras, no nome das cousas..."  
                                
                        
                              TANIA HERMIDA

    (se queres saber máis da autora, preme sobre o seu nome)

     (se queres saber máis sobre o proxecto da película, contado pala directora, preme   sobre o título da película)
            
     (se queres ver un trailer da película preme sobre a fotografía de presentación)


domingo, 25 de marzo de 2012

Séraphine

Director:   Martin Provost  Guionista:   Martin Provost, Marc Abdelnour  Actor / Actriz:   Françoise Lebrun, Ulrich Tukur, Anne Benoit, Serge Larivière, Yolande Moreau       Película: Drama   Distribuida por:  Golem Distribución

Sinopse de Séraphine

En 1913, o coleccionista alemán Wilhelm Uhde, un dos primeiros compradores de Picasso, aluga unha casa en Senlis para dedicarse a escribir e descansar da vida parisina. A caseira mándalle unha muller da limpeza. Trátase de Séraphine, que ten nese momento 48 anos. Algún tempo despois, descobre un pequeño cadro pintado sobre madeira. Sorpréndese ao enteirarse de que a autora é a muller que limpa a súa casa. Así nace unha relación conmovedora e inesperada entre un marchante de vanguarda e unha mujer da limpeza visionaria.

domingo, 18 de marzo de 2012

American Splendor

Ano: 2003. Xénero: Drama.
 SINOPSE: Harvey é un empregado dun hospital local de Cleveland. A Súa única escapatoria da monotonía diaria son as discusións cos compañeiros de traballo que abranguen temas tan dispares como a música, o declive da cultura americana, os novos sabores dos caramelos ou a vida en si mesma. Casualmente coñece a Robert Crumb, un deseñador de postais amante da música. Cando algúns anos despois, Crumb se fai famoso grazas aos seus cómics underground, a idea de que o cómic pode ser tamén unha expresión artística para adultos leva a Harvey a escribir a súa propia tira cómica. Así xorde "American Splendor", un retrato irónico do estilo de vida da clase obreira americana con todas as súas imperfeccións. Publicado por primeira vez en 1976, o cómic de American Splendor convertiu a Harvey nun autor de culto durante os anos 80.

sábado, 17 de marzo de 2012

O Cairo 678

                                    Título: El Cairo 678
Título orixinal: 678
Dirección: Mohamed Diab
País: Exipto
Ano: 2010
Data de estreno: 09/09/2011
Duración: 100 min.
Xénero: Drama
Reparto: Boshra, Nelly Karim, Maged El Kedwany, Nahed El Sebaï, Bassem Samra, Ahmed El Feshawy, Omar El Saeed, Sawsan  Badr, Yara Goubran, Ibrahim Salah
Web                           : www.themovie678.com
Distribuidora:              Golem Distribución
Productor                a: New Century Productions

 SINOPSE:  Tres mulleres enfróntanse de distinta maneira ao problema do acoso sexual en OCairo. Fayza (Bushra) cre no ollo por ollo. Seba (Nelli Karim) é unha deseñadora de xoias que ensina ás  mulleres de clase humilde a defenderse dos violadores. E, mentres tanto, Nelly (Nahed El Seba'i), sofre todo tipo de ameazas tras terse convertido na primeira muller exipcia que presenta unha demanda por acoso sexual. Xuntas iniciarán un movemento revolucionario...