Buscar este blog

miércoles, 13 de diciembre de 2017

Castelao en palabras e imaxes



        

Draw my life sobre Castelao realizado por Iria Rodríguez, Lois Loberiras e Xoel Santamariña, alumnos de 4º da ESO.
Parabéns !!!
(Para saber máis sobre o autor, preme sobre o enlace)

lunes, 11 de diciembre de 2017

Palabras para "O pai de Migueliño"(Castelao)





Este traballo sobre Castelao foi realizado por Ányela Roca e Isabel Saavedra,alumnas de 4º da ESO.
Parabéns!!!
(Para saber máis sobre o autor, preme sobre o seu nome)

jueves, 8 de junio de 2017

Palabras...pensando na Memoria da choiva (Pedro Feijoo)



                                 
A memoria da choiva, de Pedro Feijoo. Irea Calvo, Óscar L-Felpeto, Zaira Sánchez e Uxía Sanjurjo, alumnado de 4ª da ESO, presentan a obra neste vídeo.
Parabéns polo traballo!!
(para saber máis do autor, preme sobre o seu nome)
(para saber máis da novela, preme sobre o seu título)

Palabras... pensando en Vento Ferido (C.Casares)

                                                                                                                                              
 Vento ferido, de Carlos Casares. Así nos presentan esta obra: Lucía Campos, Rossandy Calderón e Andrea Amenedo, alumnas de 4ºda ESO.
Parabéns polo voso traballo!!
(para saber máis sobre o autor, preme sobre o seu nome)
(para saber máis sobre a obra, preme sobre o seu título)

Palabras...pensando en C.Casares

         

Ilustrísima, de Carlos Casares. Así nola presentan Jorge Tomé, Ruben Balsa e Iván Torres, alumnos de 4ª da ESO.
Parabéns polo traballo!!
(Para saber máis do autor, preme sobre o seu nome )
(Para saber máis da novela, preme sobre o seu título)

jueves, 18 de mayo de 2017

Palabras... de homenaxe (Carlos Casares)


Velaí outra maneira de achegarse á figura homenaxeada este ano nas Letras Galegas: CARLOS CASARES...

Moitas grazas e parabéns aos autores!!!
-Para escoitar o "rap" preme no enlace da esquerda-
-Para obter máis información sobre Carlos Casares, preme no enlace da dereita-

jueves, 23 de marzo de 2017

Palavras...para um tutorial-1 ( fazer "mandalas")



   Este fermosos traballo para a aula de lingua portuguesa, ideado por Rossandy, pretende mostrar, paso a paso, o proceso para crear un "mandala"...  Parabéns!!! 

lunes, 20 de marzo de 2017

Palabras... para vivir


   "...Massamba Djitte di que a súa historia non é a habitual porque veu cun visado e porque tiña familia xa en A Coruña, pero os primeiros meses foron "moi malos" para el. Non era pola xente nin polo ambiente nin polo clima ou por ter deixado atrás o seu país senón porque non era capaz de comunicarse. Pasouno fatal ata que asumiu que tería que "comezar de cero", que  a súa vida, tal e como a coñecera, rematara e que tiña que forxar os cimentos doutra nova.
  "Tiña claro que agora estaba aquí e que tiña que aprender o idioma para poder falar, porque é unha impotencia moi grande non poder preguntar, non sabía dicir nin ola, a xente falábame e non entendía nada", relata Djitte que bota man da súa experiencia para aconsellar aos seus compatriotas..."



  Massamba Djitte, un dos protagonistas do documental titulado Kër -significa "casa" en wólof, idioma do Senegal-, da directora e xornalista Diana R.Mata,  relata neste fragmento a importancia que ten a lingua como elemento de comunicación e integración na sociedade ...

(Este fragmento foi recollido do xornal La Opinión, do 20 de marzo de 2017)

miércoles, 8 de marzo de 2017

Palabras...para unha avoa


  "Miña avoa nunca traballou. Miña avoa labrou as leiras, cavou no monte, criou os fillos (catro), arrincou no esterco, muxiu as vacas, coidou da casa, serviu na dos amos, foi á sega, á malla, á fiada e á matanza. Miña avoa non traballou pero foi ela quen nos recollía as guedellas para estar guapas, quen nos contaba contos, quen nos ensinaba a calcetar, quen nos ensinou o catecismo, quen miraba de que todo estivese ben,
   Meu avó, en cambio, si que traballou. Meu avó labrou as leiras, cavou no monte, arrincou no esterco, levou as vacas a pacer, estivo un ano nas fábricas de Hamburgo. Foi á sega, á malla e á matanza. Meu avó traballou moito e ademais axudounos coas divisións, paseounos na besta, contounos historias de cando a guerra. E como traballou moito, agora meu avó descansa e miña avoa, como nunca traballara, encargouse de que el tivese o xantar quente ata o último día."

Texto extraído dun videopoema de Iria Carreira Pazos
(Para saber máis sobre a autora deste texto, preme sobre o enlace anterior)

Palabra...


 Carolina Iglesias (0leiros-A Coruña), guionista e youtuber punteira, coñecida en internet como "percebesygrelos", déixanos esta mensaxe alentadora nun día especial: 8 de marzo


Aquí nos deixaron o seu traballo Sara, Eva e Javier... sobre un período escuro da nosa historia.
Parabéns para os tres...