Buscar este blog

lunes, 16 de diciembre de 2013

Palabras ... para un conto (Santiago Roncagliolo)


“...Pensemos qué pasaría na gran literatura se tivese que limitarse ás leccións edificantes. Se cadra debemos cambiar ao pederasta de Lolita por unha tía cariñosa. E darlle a Madame Bobary unha vida sexual sa e satisfactoria. E no canto do executivo asasino en serie de American psychoteríamos que poñer a un xardineiro macrobiótico. Absurdo? E por que non é absurdo cos nenos? Non confiamos neles?
Non. Non confiamos en nós mesmos.
O férreo control de contidos editoriais infantís non protexe aos nenos, senón aos pais. Temos medo das preguntas incómodas. Asústanos ser incapaces de explicar por qué eses pais abandonan os seus fillos ou esas madrastras son malas (anque durante séculos abondou a frase “porque é un conto, fillo”).
En definitiva, temos medo de falar cos nosos propios fillos. Pero xustamente para iso se fan os libros: para pensar, imaxinar e discutir.
Se eliminamos dos libros todo o que nos pareza inapropiado, non salvaremos aos nosos fillos das malas ideas. Pola contra, volverémolos incapaces de recoñecelas. O que si lograremos é que os rapaces abandonen a lectura e se entreguen á PlayStation, onde poden matar a unha morea de xente sen que ninguén se queixe.”


  (tradución dun fragmento de "Cuentos para niños malos". SANTIAGO RONCAGLIOLO.  El país semanal 15-12-2013)

 -Para saber máis sobre as obras citadas e/ou sobre o autor do artigo...preme sobre os respectivos enlaces-


miércoles, 11 de diciembre de 2013

Retratos de escola ... 7 (Manuel Álvarez Torneiro)

Soaba unha pingueira nunha tina de zinc,
alí, onde contaban a historia conveniente.

E chovía nos verbos, naquel nove entre cinco.
E a táboa do oito era outra mentira tan exacta;
e era outra mentira o mapa da parede sen o río da aldea.
Chovía nos vacíos das fórmulas e as frases,
na mañá de zotal e tinta fría.

E alí alguén soñou barricadas de estampas,
Cárpatos de ningures,
petos cheos de amoras, un brinco endomingado,
a saúde do seixo e o pentagrama
para fuxir dun mundo de aligacións e ángulos,
da mosca verdiazul do mediodía.

Soaba unha pingueira nunha tina de zinc.

¿Onde resiste quen foi pasquín de rebelión e escándalo?
¿En que tenda de praza-patrimonio vende sedas,
ou viño, ou mente con megáfono?
¿Onde é materia para un himno?
¿Fervor de que océano ou alcoba?
¿Onde home de proveito?¿Que guarismo?

E un día fundaron o castigo:
requisaron a luz nos seus depósitos,
as estrelas de lata, os acopios de mica,
algo do mar en soños outorgado
e puxeron a primeira inocencia contra a parede,
contra o mapa das patrias sen a patria,
sen o río da aldea.

Soaba unha pingueira nunha tina de zinc

Comezaba o inverno
a durar media vida.


     Fermoso poema no que o autor recrea a "escola" da Galicia dos anos 40-50.
  "aula de posguerra",  poemario  HABITANTE ÚNICO -1977- , de   Mauel Álvarez Torneiro ,          Premio Nacional de Poesía 2013.

-para saber máis do poeta, preme sobre o seu nome-

lunes, 9 de diciembre de 2013

Palabras .... para entender... (Juan Cruz)

    “...Qué sorte ler. (…)O escritor israelita David Grossman dixo que en canto puido ler, pois na súa casa non se lía, comezou a entender o que pasaba no seu país e na vida. LER PARA ENTENDER. Para saber máis, pero non necesariamente para saber máis cós outros, senón para entender aos outros. Grossman dixo que lendo ao outro aprendes a axudarlle a estar cerca de ti, anque sexa o teu inimigo, e el sabe de qué fala, pois vive alí onde a terra, a auga, o aire se disputa sen tregua e sen vontade de reconciliación. El traballa, dende a palabra escrita, dende a lectura e dende os seus libros, a prol de que un día ese inferno sexa un lugar común da terra.
Ler é unha sorte e unha obriga: os que mandan nos países débena asumir como unha das tarefas prioritarias da súa función pública...”


-tradución dun fragmento do artigo de Juan Cruz, MAL EDUCADOS, publicado no xornal ElPaís (8/12/2013)-
-para saber máis do autor citado no artigo, preme sobre o seu nome-
-para saber máis de Juan Cruz, preme aquí-
-exercicio de subliñado e esquema...preme aquí -