Buscar este blog

Mostrando entradas con la etiqueta autopoética. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autopoética. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de septiembre de 2015

Palabra... de guionista (Jean-Claude Carrière)

P.- Corre a lenda de que, ata non hai moito, soía traballar 16 horas ao día.
R.- Non, iso non é certo. Se un escritor lle di que escribe tantas horas seguidas, estea seguro de que lle está mentindo. Escribir é un exercicio físicamente esgotador, polo que facelo durante seis horas seguidas xa me parece excesivo. Outra cousa é o traballo que facemos sen nos dar conta. No interior de cada un de nós existe un obreiro invisible, que segue a traballar cando nós desconectamos. A miúdo deixo os meus guións repousaren dous ou tres meses. Cando volvo traballar con eles, atopo solucións inmediatas a problemas que me parecían irresolubles.

P.- Como o explica?
R.- O inconsciente sempre resulta fundamental, tamén ao escribir. Para que un personaxe sexa completo, sempre hai que dotalo dun subconsciente propio. Todo escritor debe conferir zonas escuras aos seus personaxes. E cando fan cousas absurdas ou impropias deles hai que deixarlles tomar ese camiño imprevisto.



P.- É dicir, que o autor nunca debe ter a pretensión de controlalos totalmente?
 R.- Claro que non. Iso é o peor que che pode pasar. Iso sería o teatro burgués do século XIX, onde os personaxes eran puros estereotipos e un xa sabía como reaccionarían perante calquera acontecemento nada máis saíren a escena. Sempre conto unha anécdota que o resume moi ben. Durante o ensaio dunha obra de Pirandello, unha actriz díxolle que non era capaz de enternder ao seu personaxe: "Como é posible que diga isto na páxina 27 e despois, na 50, faga o contrario?". Pirandello respondeulle de forma brillante: " E a min que me conta? Eu só son o autor..."


(Tradución dun fragmento da entrevista que  Álex Vicente lle fai a Jean-Claude Carrière en  El País Semanal -13/9/2015-)

-Para saber máis do guionista, preme aquí -
-Suxestión: O texto narrativo. A construción do personaxe.

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Palabras... para unha reportaxe filmada (Enrique Meneses)

"...Axiña me dei conta de que os xornalistas que utilizabamos non comprendían o significado da reportaxe filmada. Tratábana como se fose a publicarse sobre o soporte papel nunha revista ou nun diario. (...)
   Cando se realiza un filme comercial, pártese dun guión e un découpage que permite rodar escenas acrónicas pero necesariamente desordenadas para abaratar custos. Non se vai e se volve a un lugar para seguir a cronoloxía senón que todo o que ten que suceder no escenario X se filma ao mesmo tempo.
   Se se vai realizar unha reportaxe sobre a Guerra do Congo (Miguel de la Quadra-Salcedo,1965), non se pode ir cun guión feito porque, xustamente, vaise para descubrir o que está a suceder. Non serve ningún guión previo. Este vaise ir facendo conforme suceden os acontecementos.
  Cando o xornalista regresa á súa base -ou envía o material a casa- ten unha escaleta construída mercé ao que viviu e filmou. A escaleta é como o esqueleto. Despois hai que superpoñerlle a carne e recubrir coa pel. Costou non pouco habituar ao equipo a traballar desta maneira, totalmente á inversa da que se practicaba daquela e que era a do cine comercial con guión. Introducín outras normas. Por exemplo, a montaxe debe facerse unha vez que a imaxe, limpa de erros e descartes, está montada segundo a escaleta. Logo, escríbese un texto que evite narrar o que o espectador está vendo na imaxe. A música móntase de atrás cara a diante para que o fin coincida cun cambio de secuencia. Esa era outra! había reporteiros que regresaban afirmando ter vinte horas de filmación, pero, á hora de visionar, decatabámonos de que o número de secuencias era mínimo. As entrevistas eran a chorro aberto. Para min unha secuencia media debe ter 30 segundos. (...)"



(Tradución dun fragmento de "Hasta aquí hemos llegado", apaixonante relato autobiográfico de Enrique Menenses)

-Para saber máis sobre o autor deste texto, preme sobre o enlace-

sábado, 2 de noviembre de 2013

Palabras ... para unha banda deseñada (Ardalén.Miguelanxo Prado)






   Di Miguelanxo Prado, autor de Ardalén -Premio Nacional de Cómic 2012-:





   "O cómic é unha linguaxe moi lenta. Non hai atallos. Sempre hai unha páxina en branco na que tes que ir viñeta a viñeta.
 Neste traballei a bo ritmo, creo que se o fixese con menos anos de experiencia tardaría o dobre..."





-cita recollida o 1-XI-2013 no xornal El País-
-para saber mais do autor do cómic, preme sobre o seu nome- 

miércoles, 31 de julio de 2013

Palabras... "coma brasas"








Con estes pequenos traballos manuais e algunhas lecturas, vai pasando este verán amable... velaquí unhas mostras:




"Poeta ou non, eu cantarei as cousas
que na soleira de min mesmo agardan.
Alumarei con fachas de palabras,
ancho herdo meu, o mundo que me deron."
                                                                                       "Eí están, coma brasas contra a noite,
                                                                                       as vellas cousas, cheas de destinos.
                                                                                       Ollos que piden, de famentos nenos,
                                                                                       Ollos que esperan, dunha adoescente."
         "Galiza en min, meu Deus, pan que me deron,
         leite e centeo e soño e lus de aurora!
         Longa rúa da mar, fogar da terra,
         i esta crus que nos mide de alto a baixo"
                                                                                              "Con este alento, eu lles darei ás cousas
                                                                                              o drama cheo que lles nega a vida:
                                                                                              dareilles rostos, para que se conozan,
                                                                                              palabras lles darei pra que se entendan..."
         

  -o poema, de Xosé Mª Díaz Castro, titúlase "COMA BRASAS"-      
  -para saber máis do autor, preme sobre o enlace-
                                                        

sábado, 29 de septiembre de 2012

A palabra... en tea de xuízo


Título:   "Howl. La voz de una generación"
Título orixinal: Howl
País: USA
Estreno en USA: 24/09/2010
Produtora: WMA, Cinetic Media
Director: Rob Epstein & Jeffrey Friedman
Guión: Rob Epstein & Jeffrey Friedman
Reparto: James Franco, Paul Rudd, Mary-Louise Parker, Jeff Daniels, David Strathairn, Alan Alda, Jon Hamm

Sinopse...

"Biopic dun dos iconos da cultura norteamericana, o poeta Allen Ginsberg, bisagra entre o mundo beat dos 50 e o movemento hippie dos 60. Howl narra tres historias entrelazadas: o desenvolvemento dun histórico xuízo por obscenidade en 1957, as revelacións dun artista rebelde que racha barreiras para atopar o amor e a redención máis unha imaxinativa viaxe a través dunha profética obra maestra que sacudiu a toda unha xeración súmanse para crear un polifacético e multidisciplinar retrato de Howl (Ouleo), unha obra que se oiu en todo o mundo."


  Excelente película na que as reflexións sobre a literatura e a palabra se mesturan coa vida. Estupenda montaxe. Unha delicia para a razón e os sentidos...



(se queres ver un trailer da película, preme sobre a palabra "Sinopse")
(se queres saber máis sobre o poema que dá título á película, preme sobre sobre a palabra "howl" na primeira liña)



sábado, 14 de abril de 2012

O oficio de escribir.....Almudena Grandes

  "...O máis extravagante da vida dun escritor é o feito de escribir. Encerrarte a encarnar persoas que non es, a contar cousas que non che ocorreron, a describir paisaxes que non viches, a poboar épocas que non son a túa...O demais é decorado. Este oficio é como os demais: a inspiración non existe, o único camiño é traballar. "  
                                    


                                                         Almudena Grandes.

domingo, 25 de marzo de 2012

in memoriam....Antonio Tabucchi (1944-2012)

Como homenaxe ao autor de "Sostiene Pereira", un dos referentes literarios da nosa época, rescatamos as súas palabras ... ao responder á pregunta: Por que escribe Tabuchi? 

 Preferiría formular a pregunta así: Por que se escribe? Hai tiempo, cando era novo , escoitei a Samuel Beckett responder: "Non me queda outra". As respostas posibles son todas plausibles pero cun punto de interrogación. Escribimos porque tememos a  morte? Porque  temos medo de vivir? Porque temos nostalxia da infancia? Porque o tempo pasado correu axiña ou porque queremos detelo? Escribimos porque a causa da saudade semtimos nostalxia, arrepentimento? Porque queriamos ter feito unha cousa e non a fixemos ou porque non deberíamos ter feito algo que fixemos e non debiamos? Porque estamos aquí e queremos estar aló e se estivésemos alá nos tería resultado mellor quedar acó? Como dicía Boudelaire: a vida é un hospital onde cada enfermo quere cambiar de cama. Un pensa que  curaría máis rápido  se estivese á beira da ventá e outro cre que estaría mellor xunto á calefacción.


                      (tomamos prestado este texto do blog: La silla prestada)

viernes, 9 de marzo de 2012

Palabras...as xustas! (Stefan Zweig)


"...O inesperado éxito dos meus libros provén, segundo creo, en última instancia dun vicio persoal, a saber:
que son un lector impaciente e de moito temperamento.Irrítame toda facundia, todo o difuso e vagamente exaltado, o ambiguo, o innecesariamente morboso dunha novela, dunha biografía, dunha exposición intelectual. Só un libro que se mantén sempre, páxina tras páxina sobre o seu nivel e que arrastra o lector até a derradeira liña sen deixarlle coller folgos, me proporciona un perfecto deleite. Nove de cada dez libros que caen nas miñas mans, atópoos sobrecargados de descricións superfluas, diálogos extensos e figuras secundarias inútiles, que lles quitan tensión e lles restan dinamismo."


                                                          (Stefan Zweig)


para saber máis sobre o autor, preme sobre o seu nome