Buscar este blog
sábado, 9 de junio de 2012
viernes, 8 de junio de 2012
Retratos de escola...3
jueves, 7 de junio de 2012
Ver-sos _ reV-ersibles...
não te amo mais
Não te amo maisEstarei mentindo se disser que
Ainda te quero como sempre quis.
Tenho certeza de que
Nada foi em vão.
Sei dentro de mim que
Você não significa nada.
Não poderia dizer nunca que
Alimento um grande amor.
Sinto cada vez mais que
Já te esqueci!
E jamais usarei a frase
EU TE AMO!
Sinto, mas tenho que dizer a verdade:
É tarde demais…
Clarice Linspector
O texto admite dúas lecturas: de arriba-abaixo ou de abaixo-arriba...
(para saber máis da autora, preme sobre o seu nome)
lunes, 28 de mayo de 2012
Por que te quero, ... Diario?
>> ...Nunha ocasión, papá xa marchara, díxome: "Por que non escribes un diario? Lanza os teus medos sobre o papel, verás como así desaparecen. Mellor aínda, por que non te pos a inventar algo fermoso? 'As máis grandes aventuras' di un filósofo 'sucédenlle a quen antes é capaz de verbalizalas' "
Dende entón eu escribo o meu diario, pero nunca conto as cousas como son realmente, senón como espero que sexan. Isto tranquilizoume e mesmo me ten salvado dalgún estrinximento, porque dende pequena gardaba os meus medos todos dentro e quizais transformábanse en moreas de merda acugulada alí, bloqueada. Dende o momento en que comecei a escribir e escribo os meus soños, vou ao baño regularmente... >>
-para saber máis da autora, preme sobre o seu nome-
domingo, 27 de mayo de 2012
Dende esta beira do río....a Valentín Paz Andrade
sábado, 19 de mayo de 2012
"Poesía e Arte : os Signos de Puntuación ... !?"
No parque madrileño do Retiro, dentro do Pazo de cristal, sorprendeume a "instalación" de Soledad Sevilla titulada
"ESCRITO EN LOS CUERPOS CELESTES"
Esta fotografía que mostro recolle tan só un brevísimo fragmento...
(para ver e saber máis da instalación, preme sobre o título da obra)
-Para unha reflexión sobre estes signos de puntuación, podes visitar este enlace -
-Para unha reflexión sobre estes signos de puntuación, podes visitar este enlace -
lunes, 14 de mayo de 2012
jueves, 10 de mayo de 2012
Letras Galegas-2012: Valentín Paz Andrade
miércoles, 9 de mayo de 2012
martes, 8 de mayo de 2012
implicacións do nome....................(Thomas Mann)
"...Mais tampouco era menos certo que Hans Castorp non se preocupaba demasiado en xustificar racionalmente as súas sensacións e, menos aínda, do nome que podería térselles dado. De amizade non podía falarse, xa que nin sequera "coñecía" a Hippe. Pero, en primeiro lugar, nada obrigaba a dar un nome a aqueles sentimentos cando nin sequera imaxinaba que puidesen ser verbalizados. En segundo lugar, un nome implica -se non unha relación crítica cara ao obxecto designado- unha definición, é dicir, unha clasificación dentro da orde do coñecido e cotián, mentres que Hans Castorp estaba inconscientemente convencido de que algo tan íntimo como aquilo debía gardarse dunha vez por todas das definicións e das clasificacións."
(A montaña máxica. Cap,IV. Thomas Mann)
Manifesto pola lingua. Agustín Fernández Paz
VOARES DE
ESPERANZA
Don
Ramón Otero Pedraio, para loar o labor entusiasta da imprenta de Ánxel Casal e
de María Miramontes, chamoulle a aquel obradoiro «pombeiro de voares de
esperanza». Pombeiro de voares de esperanza! A frase era o tal, pois
desde alí botaban a voar os libros que recollían o mellor do pensamento e da
creación en galego. Aqueles non eran tempos doados, mais os azos dos homes e
mulleres das Irmandades da Fala foron enchendo de luz as vilas e cidades de
Galiza e conseguiron facer visible socialmente a lingua de nós.
Nesas
persoas están as nosas raíces, somos elos dunha cadea que vén de lonxe. Rosalía
de Castro e tanta outra xente que traballou pola recuperación e o prestixio da
lingua e da cultura conforman o ADN onde nos debemos recoñecer. Un ADN que ten
algúns tramos da dobre hélice especialmente fértiles, coma o das Irmandades,
semente das ideas que hoxe constitúen a nosa cerna: Galiza, célula de
universalidade. A vontade de sermos unha peza máis, en pé de igualdade, no
mosaico mundial das culturas.
Non
foron fáciles as épocas pasadas e tampouco non o son os tempos que nos toca
vivir. Non é preciso reiterarmos aquí as agresións destes últimos anos, cunha
boa parte das elites políticas, financeiras e mediáticas obsesionadas por
esborrallar os avances que traballosamente foramos acadando. O seu obxectivo:
facer do galego unha lingua socialmente invisible, que permaneza recluída no
gueto e non acade un uso normalizado. Que o castelán sexa a lingua por defecto e
o galego, a rareza, a lingua oculta. Tratala coma un bonsai ao que cómpre
retallarlle as pólas que se obstinan en medrar máis do permitido.
Que
ilusos! Non coñecen as palabras do sociolingüista Colin Baker: «A substitución dunha lingua non é un proceso
evolutivo natural. Alí onde a xente está determinada a manter viva unha lingua,
parece imposible destruíla.» Non saben que as agresións nos fan máis fortes, que
nos impulsan a ampliar o tamaño da nosa esperanza, que medra en nós a vontade de
construírmos espazos de encontro e mais de unión.
Na súa
novela 1984, George Orwell describe unha sociedade oprimida por unha
minoría, onde a neolingua é o instrumento utilizado para construír a realidade
deformada que lle interesa ao poder: baléiranse de significado as vellas
palabras e énchense con outros que mellor conveñan. Como non lembrar a Orwell
cando vemos como se retorce o significado de palabras
como imposición, liberdade, bilingüe,normalización ou,
ultimamente, plurilingüe? Do mesmo xeito que a Policía do Pensamento
obrigaba o protagonista da distopía de Orwell a aceptar que 2 + 2 = 5, a quen
controlan os fíos do poder válelles todo para ofreceren unha falsa visión da
realidade.
Contra
as mentiras, non cansaremos de lembrar o evidente: a lingua que naceu hai máis
de mil anos neste país é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel. Tamén é
das persoas que chegan a Galiza desde calquera lugar do mundo, empuxadas polo
desexo dunha vida mellor, e deciden quedar aquí. E tamén, xaora, de tanta xente
que ten na nosa terra as súas raíces e anda espallada polo mundo adiante, pois
nós fomos aínda o somos, e ben que nos doe- un país de emigración.
Do
mesmo xeito que unha planta precisa dunhas condicións ambientais determinadas
para medrar, tamén as necesita unha lingua que se encontre nunha situación
minorizada, como lle ocorre ao galego. Por iso urxe crear as medidas precisas
facer realidade un "nicho ecolóxico" favorable á lingua. Unhas
medidas nas que nunca deben faltar dúas constantes: o exemplo práctico de que o galego é útil en
calquera ámbito e para todas as funcións e a vontade de crear actitudes
positivas cara á lingua. Para que na sociedade non haxa cidadáns de
primeira e de segunda, deben crearse as condicións para que se poida vivir en
galego con normalidade. Cousa que hoxe non ocorre, como constatamos día tras
día.
Como ten
reiterado Xabier DoCampo, «nós non mentimos». Imos sempre coa verdade por
diante, conscientes da xustiza das nosas ideas e propostas. Con alegría,
desmontando na práctica os insidiosos prexuízos que outros sementan na sociedade
e nas familias, impulsando actividades que fagan posible vivir en galego. Porque
amamos e defendemos a pluralidade lingüística, xaora que si, mais non a costa de
deixar arrombada a nosa lingua no faiado.
Somos
conscientes do labor que nos agarda. Mais tamén sabemos que paga a pena empregar
todas as nosas enerxías nel, e que non hai lugar para o desánimo. Como escribiu
Bertolt Brecht, nos anos da longa noite de pedra que asolagaba Europa: «Quen
aínda estea vivo non diga xamais. / De quen depende que siga a opresión? De
nós. / De quen que remate? De nós tamén. / Pois os vencidos de hoxe son os
vencedores de mañá / e o xamais convértese en hoxe mesmo.»
Todas as
persoas que amamos o galego temos que erguer un pombal no noso interior, un
pombal do que xurdan os voares de esperanza que encherán de vida os ceos da
patria da lingua que nos une.
| (Manifesto do escritor Agustín Fernández Paz para a manifestación do 17 de maio 2012) |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

