(Agradecementos para a autora do vídeo e tamén a Amancio Prada pola súa música)
Buscar este blog
lunes, 24 de septiembre de 2012
viernes, 21 de septiembre de 2012
lunes, 17 de septiembre de 2012
Ouhh: a palabra!!! .......... Manuel María
Non hai nada no mundo, nada
tan fondo, lúcido e fermoso
como a nidia claridade
da palabra.
Ouhh: a palabra!!!
Máxico paxaro deslumbrado,
floración da vida,
sangue caudal e luminoso,
marabillosa lembranza
do tempo feliz do paraíso,
certísima memoria do futuro.
Un ama até aos límites
o impenetrábel misterio
do silencio
e. para defendelo. usa
a forza poderosa da palabra.
tan fondo, lúcido e fermoso
como a nidia claridade
da palabra.
Ouhh: a palabra!!!
Máxico paxaro deslumbrado,
floración da vida,
sangue caudal e luminoso,
marabillosa lembranza
do tempo feliz do paraíso,
certísima memoria do futuro.
Un ama até aos límites
o impenetrábel misterio
do silencio
e. para defendelo. usa
a forza poderosa da palabra.
(Os lonxes do solpor. Manuel María)
-para saber máis do autor, preme sobre o seu nome-
domingo, 9 de septiembre de 2012
Palabra de xornalista.... (Manuel Vicent)
"...Díganme se non é un aciago destino o do xornalista que, logo de ter estudado unha carreira, se ve na obriga de vencellar para sempre o seu talento literario ou o seu pensamento elaborado, con verbos e predicados moi escollidos, á traxectoria de políticos mediocres, que marcharán polo sumidoiro e en breve pasarán ao absoluto anonimato. Velaquí o dilema. Se escribes da política diaria as palabras máis fermosas que uses encheríanse de lixo; se tratas de fuxir desta miseria e sobes á ponte sobre ese río contaminado algúns insultarante con desprezo chamándoche poeta."
(tradución libre dun fragmento de "secuestro", artigo publicado por Manuel Vicent en El País o 9-9-2012)
lunes, 20 de agosto de 2012
Expectativas................ Maruja Torres
"Un
sempre pode agardar algo novo dun libro,
anque
fose editado hai décadas e escrito tres cuartos de século atrás.
Ideas, claro: que non son
novas,
anque fosen esquecidas. E consolo: no senso de que esas ideas, por
malos que teñan sido os tempos, tarde ou cedo, volveron a
agromar..."
(
MARUJA TORRES... el pais semanal-5-agosto-2012 )
sábado, 18 de agosto de 2012
A color das sensacións......... Siri Hustvedt
"...Despois dunha discusión sobre as cores e as sensacións, por veces amena (asociaban amargo con verde, melancolía con azul, quente con vermello, estoupido con amarelo, frío con branco, noxento con marrón, medo con negro ou aire limpo con rosa), as rapazas marcharon da aula e entón arrogueime o papel de espía para observalas dende a escalinata do pequeno edificio. ..."
(tradución libre dun fragmento da novela El verano sin hombres, de Siri Hustvedt)
(se queres reflexionar sobre este tema, preme aquí)
martes, 7 de agosto de 2012
Libros prestados ... Maruja Torres
"...Cando cheguei á casa, coloquei o libro na mesa do meu estudo e examineino con coidado. Voluminoso, rotundo, intacto. Proclamábase lido con enorme afecto; nin unha mancha, agás as que aportou o tempo. Comecei a lelo pola noite, e dende a primeira páxina -dende o primeiro prólogo- a miña man escapaba cara ao rotulador co que destaco o que me interesa máis. Conseguín conterme, pero esa noite durmín mal. Aínda que me erguera expresamente para volver a colocalo na mesa -se o deixaba na cama, podía ceibalo ao chan nun movemento involuntario-, soñei que o libro se desencadernaba nas miñas mans. Ao espertar, o primeiro que fixen foi forralo. Busquei un xornal grego que trouxera recentemente de Atenas e, aínda que levaba tempo sen executar a operación, forrei con tesón o "Paideia" que o meu amigo me emprestara. Convertérase nunha caixa forte. A caixa con ideas..."
(Tradución dun fragmento do artigo "El amor físico a los libros" de Maruja Torres, publicado en EL PAÍS SEMANAL, o domingo, 5-8-2012)
-Se queres saber máis da autora, preme sobre o seu nome-
sábado, 4 de agosto de 2012
miércoles, 25 de julio de 2012
Palabras para...Xulieta ( Manuel Vicent)
"Foi
o primeiro verán, o de 1968, no que os seus pais a deixaron ir soa
en bicicleta á praia. Levaba un libro na cestiña do guiador. "Cumes
borrascosos". Era a única rapaza de dezaseis anos que lía
novelas deitada nunha toalla sobre a area e ese costume adquirido con
certa furia obsesiva apartáraa do resto do grupo. Gardaba en segredo
o seu desexo de ser escritora. O de vivir unha gran paixón. Xulieta
madurou de súpeto de xeito imprevisto, como esas nenas que un verán
son aínda inocentes, pero o verán seguinte xa traen unha veladura
de malicia instalada nos ollos que sorprende aos seus compañeiros de
xogo ou volven á clase no novo curso e sen se decatar enguedellan
nas súas redes ao profesor. É difícil saber en qué punto se
produciu a transformación, se nas formas do corpo ou no terror que
senten ao descubrir o desexo impúdico que espertan nos homes xoves e
vellos ou no perigo insinuante da súa propia ollada, que non poden
controlar..."
(tradución
libre dun fragmento do artigo de Manuel Vicent, titulado "Julieta
perdió la llave de casa", no xornal El País, 22-xullo-2012)
-Para escoitar algunhas opinións do autor sobre o feito literario, preme sobre o seu nome-
jueves, 19 de julio de 2012
Historias mínimas... Carlos Sorin
HISTORIAS MÍNIMAS
DIRECTOR...Carlos Sorin
CON... Javier Lombardo, Antonio Benedictis
Argentina, 2002 - 1h 33 min.
Comenta o director nunha entrevista:
....
P- É dicir, que o guión xurdiu coa improvisación?
R- Non. Había un guión cunha estrutura de narración que evidentemente funcionaba. Iso permitiume romper co guión e saír del. De haber problemas, volvía ao guión. Pódense improvisar as situacións e todas as cousas colaterais á acción central dunha película, pero a acción central, non. Ten que haber desde un primeiro até un terceiro acto, un motivo polo que o espectador se "engancha" a unha historia. Esa estrutura non se pode improvisar. Se un ten todo ese guión ben estudado, pode empezar a navegar...
(se queres ver un trailer da película, preme sobre a carátula de presentación)
martes, 17 de julio de 2012
sábado, 14 de julio de 2012
Qué tan lonxe... Tania Hermida
| ANO | 2006 | |||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| DURACIÓN | 92 min. | |||||
| PAÍS | ||||||
| DIRECTORA | Tania Hermida | |||||
| GUIÓN | Tania Hermida | |||||
| MÚSICA | Nelson García | |||||
| FOTOGRAFÍA | Armando Salazar | |||||
| REPARTO | Cecilia Vallejo, Tania Martínez, Pancho Aguirre, Fausto Miño, Elena Torres | |||||
| PRODUTORA | Corporación Ecuador para Largo | |||||
| WEB OFICIAL | http://www.que-tan-lejos.com/ | |||||
| XÉNERO | Drama / Road Movie | |||||
| Conta a directora, nunha entrevista : |
|---|
| "...Eu quería facer unha película sobre algo tan abstracto como a percepción do mundo, e non só iso, senón de cómo a maneira na que falamos determina esa percepción; os nomes que lles damos ás cousas determinan o que nos chega delas e, consecuentemente, ao nomealas doutra maneira, transformamos a súa realidade. Ambos os personaxes inician o seu camiño cheos de certidumes. Esperanza é a típica turista cun libro de viaxes na cabeza. Todo lle parece digno dunha foto, e iso impídelle ir máis aló. O enfoque de Teresa, por outra banda, parte das súas teorías sobre si mesma e sobre o mundo. Séntese con moita solvencia para descartar as opinións da outra. No camiño, ambas van perdendo esas certidumes; van quedando sen palabras, sen discurso. E iso é a viaxe: despoxarse de discursos, de estruturas, de verdades... Todo está por inventarse...Desaparecen os significados... Restan só os "significantes". E porén, despois recupéranse "significados"... A clave do guión está nas palabras, no nome das cousas..." TANIA HERMIDA (se queres saber máis da autora, preme sobre o seu nome) (se queres saber máis sobre o proxecto da película, contado pala directora, preme sobre o título da película) (se queres ver un trailer da película preme sobre a fotografía de presentación) |
|---|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




