Buscar este blog

sábado, 20 de octubre de 2012

Referentes da palabra..................(viñeta de El Roto )

   
Viñeta de EL ROTO  recollida o  en El Taller de la eaM

- se queres saber máis do debuxante, preme sobre o seu nome -   

sábado, 29 de septiembre de 2012

A palabra... en tea de xuízo


Título:   "Howl. La voz de una generación"
Título orixinal: Howl
País: USA
Estreno en USA: 24/09/2010
Produtora: WMA, Cinetic Media
Director: Rob Epstein & Jeffrey Friedman
Guión: Rob Epstein & Jeffrey Friedman
Reparto: James Franco, Paul Rudd, Mary-Louise Parker, Jeff Daniels, David Strathairn, Alan Alda, Jon Hamm

Sinopse...

"Biopic dun dos iconos da cultura norteamericana, o poeta Allen Ginsberg, bisagra entre o mundo beat dos 50 e o movemento hippie dos 60. Howl narra tres historias entrelazadas: o desenvolvemento dun histórico xuízo por obscenidade en 1957, as revelacións dun artista rebelde que racha barreiras para atopar o amor e a redención máis unha imaxinativa viaxe a través dunha profética obra maestra que sacudiu a toda unha xeración súmanse para crear un polifacético e multidisciplinar retrato de Howl (Ouleo), unha obra que se oiu en todo o mundo."


  Excelente película na que as reflexións sobre a literatura e a palabra se mesturan coa vida. Estupenda montaxe. Unha delicia para a razón e os sentidos...



(se queres ver un trailer da película, preme sobre a palabra "Sinopse")
(se queres saber máis sobre o poema que dá título á película, preme sobre sobre a palabra "howl" na primeira liña)



lunes, 24 de septiembre de 2012

lunes, 17 de septiembre de 2012

Ouhh: a palabra!!! .......... Manuel María

Non hai nada no mundo, nada
tan fondo, lúcido e fermoso
como a nidia claridade
da palabra.
Ouhh: a palabra!!!
Máxico paxaro deslumbrado,
floración da vida,
sangue caudal e luminoso,
marabillosa lembranza
do tempo feliz do paraíso,
certísima memoria do futuro.
Un ama até aos límites
o impenetrábel misterio
do silencio
e. para defendelo. usa
a forza poderosa da palabra.


(Os lonxes do solpor. Manuel María)

-para saber máis do autor, preme sobre o seu nome-

domingo, 9 de septiembre de 2012

Palabra de xornalista.... (Manuel Vicent)

"...Díganme se non é un aciago destino o do xornalista que, logo de ter estudado unha carreira, se ve na obriga de vencellar para sempre o seu talento literario ou o seu pensamento elaborado, con verbos e predicados moi escollidos, á traxectoria de políticos mediocres, que marcharán polo sumidoiro e en breve pasarán ao absoluto anonimato. Velaquí o dilema. Se escribes da política diaria as palabras máis fermosas que uses encheríanse de lixo; se tratas de fuxir desta miseria e sobes á ponte sobre ese río contaminado algúns insultarante con desprezo chamándoche poeta."


(tradución libre dun fragmento de "secuestro", artigo publicado por Manuel Vicent en El País o 9-9-2012)

lunes, 20 de agosto de 2012

Expectativas................ Maruja Torres




"Un sempre pode agardar algo novo dun libro, anque fose editado hai décadas e escrito tres cuartos de século atrás. Ideas, claro: que non son novas, anque fosen esquecidas. E consolo: no senso de que esas ideas, por malos que teñan sido os tempos, tarde ou cedo, volveron a agromar..."

                                       ( MARUJA TORRES... el pais semanal-5-agosto-2012 )

sábado, 18 de agosto de 2012

A color das sensacións......... Siri Hustvedt


"...Despois dunha discusión sobre as cores e as sensacións, por veces amena (asociaban amargo con verde, melancolía con azul, quente con vermello, estoupido con amarelo, frío con branco, noxento con marrón, medo con negro ou aire limpo con rosa), as rapazas marcharon da aula e entón arrogueime o papel de espía para observalas dende a escalinata do pequeno edificio. ..."












  

 (tradución libre dun fragmento da novela  El verano sin hombres, de Siri Hustvedt)
(se queres reflexionar sobre este tema, preme aquí)


martes, 7 de agosto de 2012

Libros prestados ... Maruja Torres




"...Cando cheguei á casa, coloquei o libro na mesa do meu estudo e examineino con coidado. Voluminoso, rotundo, intacto. Proclamábase lido con enorme afecto; nin unha mancha, agás as que aportou o tempo. Comecei a lelo pola noite, e dende a primeira páxina -dende o primeiro prólogo- a miña man escapaba cara ao rotulador co que destaco o que me interesa máis. Conseguín conterme, pero esa noite durmín mal. Aínda que me erguera expresamente para volver a colocalo na mesa -se o deixaba na cama, podía ceibalo ao chan nun movemento involuntario-, soñei que o libro se desencadernaba nas miñas mans. Ao espertar, o primeiro que fixen foi forralo. Busquei un  xornal grego que trouxera recentemente de Atenas e, aínda que levaba tempo sen executar a operación, forrei con tesón o "Paideia" que o meu amigo  me emprestara. Convertérase nunha caixa forte. A caixa con ideas..."


(Tradución dun fragmento do artigo "El amor físico a los libros" de Maruja Torres, publicado en EL PAÍS SEMANAL, o domingo, 5-8-2012)

-Se queres saber máis da autora, preme sobre o seu nome-
  

miércoles, 25 de julio de 2012

Manuel Vicent (escritor)




"UNHA FORMA DE PASAR POLA VIDA. ISO É A LITERATURA"

Palabras para...Xulieta ( Manuel Vicent)


"Foi o primeiro verán, o de 1968, no que os seus pais a deixaron ir soa en bicicleta á praia. Levaba un libro na cestiña do guiador. "Cumes borrascosos". Era a única rapaza de dezaseis anos que lía novelas deitada nunha toalla sobre a area e ese costume adquirido con certa furia obsesiva apartáraa do resto do grupo. Gardaba en segredo o seu desexo de ser escritora. O de vivir unha gran paixón. Xulieta madurou de súpeto de xeito imprevisto, como esas nenas que un verán son aínda inocentes, pero o verán seguinte xa traen unha veladura de malicia instalada nos ollos que sorprende aos seus compañeiros de xogo ou volven á clase no novo curso e sen se decatar enguedellan nas súas redes ao profesor. É difícil saber en qué punto se produciu a transformación, se nas formas do corpo ou no terror que senten ao descubrir o desexo impúdico que espertan nos homes xoves e vellos ou no perigo insinuante da súa propia ollada, que non poden controlar..."


(tradución libre dun fragmento do artigo de Manuel Vicent, titulado "Julieta perdió la llave de casa", no xornal El País,  22-xullo-2012)

-Para escoitar algunhas opinións do autor sobre o feito literario, preme sobre o seu nome-