Buscar este blog

domingo, 19 de junio de 2011

Á MIÑA MANEIRA


Á MIÑA MANEIRA (ao pé da letra...) adaptación ao inglés da canción popular francesa titulada COMME D' HABITUDE e gravada por Frank Sinatra co título de MY WAY. Posteriormente sería interpretada por moitos outros cantantes -Elvis Presley, Luciano Pavarotti, Sid Vicious...-.Ademais dunha balada crepuscular, é unha guía de autoaxuda que, en tres minutos, nos dá as claves para vivir segundo os nosos propios principios....


“O final xa está aquí e afronto o último telón. Amigo, direino sen voltas (…).
Tiven unha vida satisfactoria.Percorrín todos e cada un dos camiños. E máis, moito máis aínda. Fixeno todo á miña maneira... Tristezas , algunhas tiven que non vale a pena comentar (…)
Planeei cada etapa programada, cada coidadoso paso no meu camiño (…)
Houbo momentos nos que dei pasos máis longos que as miñas pernas (…)
Afrontei os feitos e mantívenme intacto e fíxeno todo á miña maneira....Amei, rin, sufrín.  Tocoume ganar, tamén perder (…)
Pois, que é un home? que conseguiu? Se non é fiel a si mesmo, non ten nada. Dicir as cousas que sente realmente e non as palabras do que se axeonlla. A miña historia mostra que asumín os golpes e o fixen todo á miña maneira” (Paul Anka)

No hay comentarios: