Como homenaxe ao autor de "Sostiene Pereira", un dos referentes literarios da nosa época, rescatamos as súas palabras ... ao responder á pregunta: Por que escribe Tabuchi?
Preferiría formular a pregunta así: Por que se escribe? Hai tiempo, cando era novo , escoitei a Samuel Beckett responder: "Non me queda outra". As respostas posibles son todas plausibles pero cun punto de interrogación. Escribimos porque tememos a morte? Porque temos medo de vivir? Porque temos nostalxia da infancia? Porque o tempo pasado correu axiña ou porque queremos detelo? Escribimos porque a causa da saudade semtimos nostalxia, arrepentimento? Porque queriamos ter feito unha cousa e non a fixemos ou porque non deberíamos ter feito algo que fixemos e non debiamos? Porque estamos aquí e queremos estar aló e se estivésemos alá nos tería resultado mellor quedar acó? Como dicía Boudelaire: a vida é un hospital onde cada enfermo quere cambiar de cama. Un pensa que curaría máis rápido se estivese á beira da ventá e outro cre que estaría mellor xunto á calefacción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario