"(...) o ministro debería saber que os
termos neno e reválida son incompatibles. Debería
sabelo, si, pero non o sabe, ao igual que moitos españois,
bastantes dos cales se dedican profesionalmente á docencia:
todos os que sofren o mal da examinite.
Tal enfermidade, descrita nos libros de patoloxía pedagóxica
como unha inflamación da confianza persoal na que todos os
problemas educativos se resolven con máis esixencia e máis exames
destinados a controlar o que memorizan os alumnos, provoca en
España desde hai anos devastadores efectos no noso sistema de ensino.
Para os afectados pola examinite aguda, forma coa que o
mal se manifesta por aquí, nin os estudantes de primaria e
secundaria, nin os universitarios, teñen que aprender a falar en
público, a relacionarse cos libros de forma natural e a
manexalos con frecuencia e con soltura, a traballar en grupo, a
aproveitar todas as posibilidades que nacen dun bo uso das
novas tecnoloxías e a aprender o útil deixando o prescindible,
dada a limitada capacidade da mente para acumular coñecementos.
Non, as vítimas da examinite aguda -sexan profesores en
universidades, escolas ou institutos- teñen o seu examina (órgano moi
delicado) tan gravemente afectado polo virus que a provoca que chegaron a convencerse de que ensinar consiste en embutir (como o chourizo se embute nunha tripa) coñecementos, cantos máis mellor e
anque sexa de forma atropelada, na mente dos nosos estudantes, someténdoos despois a controis permanentes para saber canto memorizaron.
A obsesión coas reválidas, que forma parte desa
terrible enfermidade que todo o cifra na memoria e os exames,
chega ao punto de prescindir por completo da idade dos alumnos, o que explica que nenos de oito anos sexan tratados como os
xoves que preparan notarías ou rexistros. Unha auténtica loucura.
(...) Non hai solución para o noso sistema
educativo mentres non aceptemos a evidencia de que as súas taras non
teñen que ver coa falta de esixencia aos alumnos, senón con todo o contrario: cuns niveis de esixencia insensatos e
enfermizos, baseados no tándem memoria-exame que fai dos
profesores unha especie de xendarmes e trata de que os alumnos sexan
como loros, aos que se lles esixe repetir o que se lles di incluso
cando isto resulta inútil, desfasado ou incomprensible."
Neste inicio curso que comeza así, neboento e ventoso, tan de outono... lembro esta lectura que xurdiu na primavera, cando todo é posible e xermolan novos aires... Se cadra non é este mal momento para unha reflexión...
-Tradución dun extracto de Las reválidas de Wert y el mal de la "examinitis" de Roberto L. Blanco Valdés. en EL OJO PÚBLICO de La Voz de Galicia (8-5-2015)-
Neste inicio curso que comeza así, neboento e ventoso, tan de outono... lembro esta lectura que xurdiu na primavera, cando todo é posible e xermolan novos aires... Se cadra non é este mal momento para unha reflexión...
-Tradución dun extracto de Las reválidas de Wert y el mal de la "examinitis" de Roberto L. Blanco Valdés. en EL OJO PÚBLICO de La Voz de Galicia (8-5-2015)-
No hay comentarios:
Publicar un comentario