Buscar este blog

sábado, 17 de marzo de 2012

O Cairo 678

                                    Título: El Cairo 678
Título orixinal: 678
Dirección: Mohamed Diab
País: Exipto
Ano: 2010
Data de estreno: 09/09/2011
Duración: 100 min.
Xénero: Drama
Reparto: Boshra, Nelly Karim, Maged El Kedwany, Nahed El Sebaï, Bassem Samra, Ahmed El Feshawy, Omar El Saeed, Sawsan  Badr, Yara Goubran, Ibrahim Salah
Web                           : www.themovie678.com
Distribuidora:              Golem Distribución
Productor                a: New Century Productions

 SINOPSE:  Tres mulleres enfróntanse de distinta maneira ao problema do acoso sexual en OCairo. Fayza (Bushra) cre no ollo por ollo. Seba (Nelli Karim) é unha deseñadora de xoias que ensina ás  mulleres de clase humilde a defenderse dos violadores. E, mentres tanto, Nelly (Nahed El Seba'i), sofre todo tipo de ameazas tras terse convertido na primeira muller exipcia que presenta unha demanda por acoso sexual. Xuntas iniciarán un movemento revolucionario...

viernes, 16 de marzo de 2012

A qué saben...as palabras? (Thomas Mann)


"...Tamén era un escritor notable que, no seus momentos de lecer, escribía contos na máis elegante prosa toscana; un mestre do idioma gentile -engadiu Settembrini, cheo de satisfacción e como deixando que as sílabas do seu idioma materno se fundisen lentamente sobre a súa lingua ao tempo que movía a cabeza dun lado ao outro-..."


                                       (A montaña máxica. Cap.IV.  Thomas Mann)



para saber máis sobre o autor, preme sobre o seu nome.

viernes, 9 de marzo de 2012

Palabras...as xustas! (Stefan Zweig)


"...O inesperado éxito dos meus libros provén, segundo creo, en última instancia dun vicio persoal, a saber:
que son un lector impaciente e de moito temperamento.Irrítame toda facundia, todo o difuso e vagamente exaltado, o ambiguo, o innecesariamente morboso dunha novela, dunha biografía, dunha exposición intelectual. Só un libro que se mantén sempre, páxina tras páxina sobre o seu nivel e que arrastra o lector até a derradeira liña sen deixarlle coller folgos, me proporciona un perfecto deleite. Nove de cada dez libros que caen nas miñas mans, atópoos sobrecargados de descricións superfluas, diálogos extensos e figuras secundarias inútiles, que lles quitan tensión e lles restan dinamismo."


                                                          (Stefan Zweig)


para saber máis sobre o autor, preme sobre o seu nome

sábado, 3 de marzo de 2012

Céline...esixencias da palabra

" Escribir é unha cousa moi difícil e esixe moita dedicación, para iso tes que pasar a vida agarrado a un libro "
                                  
                                           Louis-Ferdinand  Céline  (1894-1961)



para saber máis sobre o autor, preme sobre o nome polo que é coñecido (Céline)

sábado, 18 de febrero de 2012

palabras...que compartimos (poema de Lois Pereiro)



¿Que lle podo ofrecer a quen me intente?
Días contados de paixón inerte
e amor eterno sempre compartido
coa débeda obrigada a unha existencia
amortizada en pagos usuarios
conxugando os verbos vivir e amar
en primeira persoa do plural
reducidos ás formas de presente.
¿Que lle podo ofrecer a quen me intente
se son un fío solto da esperanza
tecida e destecida
por Penélope?


                                                     (poema de LOIS PEREIRO......)

domingo, 8 de enero de 2012

Miguel de Cervantes (escritor)

   "o que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito"
                                       
                                                                                        (Miguel de Cervantes)




        (...se che interesa saber máis sobre o autor, preme sobre o seu nome)

lunes, 26 de diciembre de 2011

A distante, misteriosa letra da escritura....

   "...Xa non me quedaban moitos días na aula de costura. Coido que foron un par de semanas ou así. A ela tampouco. Dona Benita involucrárase demasiado -quizais- como para que uns ou outros llo pasasen por alto, e viámola tensa, preocupada, atenta ao mínimo movemento, rumor, preto do cuarto: a instrución de nenas, unha das poucas que había entón, e que os da Xuntas lle prometeran mellorar. Máis espazo, mobles, mesas, cadeiras e, sobre todo, libros. Libros, cadernos, papel. Para que puidésemos aprender a escribir. Todas saberedes ler e entender as cousas -dicíanos.
   A distante, misteriosa letra de escritura. Ningunha sabía. Coido que, con excepción da tendeira e -así, así- a Chiva, ningunha muller aprendera a ler, e moito menos a escribir en toda a vila. É a chave das cousas, rapazas -repetía, con voz cerimonial, a dona Benita-. A chave das cousas, da luz, da vosa felicidade. E eu seguía as evolucións da súa man coma se se tratase do voo dun paxaro, mentres trazaba aqueles elegantes as, aqueles maxestosos emes, aquel virar do quinqué e a plúmula, da tinta anil sobre as pautas. Se segues así, de aquí a pouco vaste poñer adiantada. Incitábame, cun toquiño na caluga e, entre vainica e vainica, deixábame usar xa o tinteiro, as follas de pauta e o papel secante..."
                                       
                                   (As fiandeiras. Antón Piñeiro)

domingo, 11 de diciembre de 2011

O aforcado de San Xoán

      
                                    A ver se adiviñas a palabra. Veña, di unha letra!  
                           

                       (para xogar coas palabras...tomámolo emprestado do Blog "Primeira Lingua")

lunes, 5 de diciembre de 2011

o 3D da palabra: a metáfora ...(O carteiro de Neruda)

   "Neruda soltou a agarradoira do portón, e acariñou o queixelo.
-Mario Jiménez, á parte de Odas elementais teño libros moito mellores. É indigno que me sometas a todo tipo de comparacións e metáforas.
-Don Pablo?
-Metáforas, home!
-Que son esa-Es cousas?
   O poeta puxo unha man sobre o ombro do rapaz.
-Para aclararcho máis ou menos imprecisamente, son modos de dicir unha cousa comparándoa con outra.
-Déame un exemplo.
   Neruda mirou o seu reloxo e suspirou.
-Ben, cando ti dis que o ceo está chorando. Que é o que queres dicir?
-Que fácil! Que está chovendo, vaia.
-Ben, iso é unha metáfora.
-E, por que, se é unha cousa tan fácil, se chama tan complicado?
-Porque os nomes non teñen nada que ver coa simplicidade ou complicidade das cousas. Segundo a túa teoría, unha cousa pequeniña que voa non debería ter un nome tan longo como bolboreta. Pensa que elefante ten a mesma cantidade de letras que bolboreta e é moito máis grande e non voa -concluíu Neruda exhausto. Cun resto de ánimo, indicoulle a Mario o rumbo cara á enseada. Pero o carteiro tivo a prestancia de dicir:
-Carafio que me gustaría ser poeta!
-Home! En Chile todos son poetas. É máis orixinal que sigas sendo carteiro. Polo menos camiñas moito e non engordas. En chile todos os poetas somos un pouco cuóns.
   Neruda retomou a agarradeira da porta, e dispoñíase a entrar, cando Mario ollando o voo dun paxaro invisible, dixo:
-É que se fose poeta podería dicir o que quero.

                      (El cartero de Neruda, Antonio Skármeta)

    

Se queres máis información, preme sobre as palabras destacadas.