Buscar este blog
martes, 22 de octubre de 2013
lunes, 21 de octubre de 2013
jueves, 17 de octubre de 2013
lunes, 16 de septiembre de 2013
Palabras... para o comezo de curso
Inauguramos hoxe o curso escolar con esta estupenda viñeta de DÁVILA que me facilita unha compañeira.
(se queres visitar o blog do humorista galego, preme sobre o seu nome)
domingo, 25 de agosto de 2013
jueves, 22 de agosto de 2013
miércoles, 21 de agosto de 2013
miércoles, 31 de julio de 2013
Palabras... "coma brasas"
Con estes pequenos traballos manuais e algunhas lecturas, vai pasando este verán amable... velaquí unhas mostras:
"Poeta ou non, eu cantarei as cousas
que na soleira de min mesmo agardan.
Alumarei con fachas de palabras,
ancho herdo meu, o mundo que me deron."
"Eí están, coma brasas contra a noite,
as vellas cousas, cheas de destinos.
Ollos que piden, de famentos nenos,
Ollos que esperan, dunha adoescente."
"Galiza en min, meu Deus, pan que me deron,
leite e centeo e soño e lus de aurora!
Longa rúa da mar, fogar da terra,
i esta crus que nos mide de alto a baixo"
"Con este alento, eu lles darei ás cousas
o drama cheo que lles nega a vida:
dareilles rostos, para que se conozan,
palabras lles darei pra que se entendan..."
-o poema, de Xosé Mª Díaz Castro, titúlase "COMA BRASAS"-
-para saber máis do autor, preme sobre o enlace-
lunes, 1 de julio de 2013
Palabras... de Amancio Prada
Gústame Amancio Prada. Este venres mostrou o seu último traballo en A Coruña e funo ver. Coma sempre, non decepcionou, entregado e xeneroso con ese público que o segue, diría eu, cun moito de devoción.
Quixera lembrar aquí dúas intervencións de Amancio Prada, xa doutro tempo, que gardo, moi especialmente, na miña memoria:
-Antífona del otoño en el valle del Bierzo no 2004, con Juan Carlos Mestre, outro gran poeta.
-Cantar la lengua. Conferencia de Amancio Prada, no 2011, na Fundación Comillas. Moi instrutiva, pero, sobre todo, absolutamente emocionante.
- Para saber máis do poeta, preme sobre a súa imaxe -- Para escoitar a Antífona ou a Conferencia, preme sobre os enlaces -
miércoles, 26 de junio de 2013
Palabras....para Roberto Vidal Bolaño
Con este pequeno traballo, as miñas alumnas de 2º da ESO quixeron recordar a figura de ROBERTO VIDAL BOLAÑO, autor homenaxeado este 17 de maio de 2013, festa das Letras Galegas.
-repárese no uso do DATIVO DE INTERESE e no DATIVO DE SOLIDARIEDADE que aparecen no fragmento de SEMPRE XONXA , no vídeo-
-para saber máis do autor, preme sobre o seu nome-
domingo, 23 de junio de 2013
2014-Letras... para Díaz Castro
En Guitiriz, hoxe, ao abeiro do lume novo, celébrase tamén unha ilusión...
A Real Academia Galega vén de nomear autor protagonista das Letras Galegas 2014 a XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO.
Era unha decisión moi esperada por todos e pola que se apostou fortemente desde a Asociación Cultural Xermolos e desde o IES que leva o nome do autor.
Unha fermosa ilusión colectiva que mereceu a pena e ve premiados os seus esforzos.
-para ver o DOCUMENTAL realizado polo alumnado e obter máis información, preme sobre a imaxe-
lunes, 3 de junio de 2013
...Pronomes??
Unha pequena xoia que nos achega á utilidade dunha clase de palabras: Os pronomes
Agradecemento aos seus creadores -para saber máis, preme sobre o enlace-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




