Buscar este blog

domingo, 27 de mayo de 2012

Dende esta beira do río....a Valentín Paz Andrade

Especial homenaxe do alumno de 2ºESO-B, Julián Arias, a Valentín Paz Andrade nestas Letras Galegas 2012, desde o corazón húmido de Guitiriz...

sábado, 19 de mayo de 2012

"Poesía e Arte : os Signos de Puntuación ... !?"

         

     No parque madrileño do Retiro, dentro do Pazo de cristal, sorprendeume a "instalación" de Soledad Sevilla titulada             
                                               "ESCRITO EN LOS CUERPOS CELESTES" 
                                      
    Esta fotografía que mostro recolle tan só un brevísimo fragmento...                                                          

                                        (para ver e saber máis da instalación, preme sobre o título da obra)

    -Para unha reflexión sobre estes signos de puntuación, podes visitar este enlace -

jueves, 10 de mayo de 2012

Letras Galegas-2012: Valentín Paz Andrade

Coa creación deste vídeo @s alumn@s de 2ºESO, queren render homenaxe a Valentín Paz Andrade, a quen se dedica o día das LETRAS GALEGAS-2012.

martes, 8 de mayo de 2012

implicacións do nome....................(Thomas Mann)

"...Mais tampouco era menos certo que Hans Castorp non se preocupaba demasiado en xustificar racionalmente as súas sensacións e, menos aínda, do nome que podería térselles dado. De amizade non podía falarse, xa que nin sequera "coñecía" a Hippe. Pero, en primeiro lugar, nada obrigaba a dar un nome a aqueles sentimentos cando nin sequera imaxinaba que puidesen ser verbalizados. En segundo lugar, un nome implica -se non unha relación crítica cara ao obxecto designado- unha definición, é dicir, unha clasificación dentro da orde do coñecido e cotián, mentres que Hans Castorp estaba inconscientemente convencido de que algo tan íntimo como aquilo debía gardarse dunha vez por todas  das definicións e das clasificacións."


                                          (A montaña máxica. Cap,IV. Thomas Mann)

Manifesto pola lingua. Agustín Fernández Paz



VOARES DE ESPERANZA
     Don Ramón Otero Pedraio, para loar o labor entusiasta da imprenta de Ánxel Casal e de María Miramontes, chamoulle a aquel obradoiro «pombeiro de voares de esperanza». Pombeiro de voares de esperanza!  A frase era o tal, pois desde alí botaban a voar os libros que recollían o mellor do pensamento e da creación en galego. Aqueles non eran tempos doados, mais os azos dos homes e mulleres das Irmandades da Fala foron enchendo de luz as vilas e cidades de Galiza e conseguiron facer visible socialmente a lingua de nós.
Nesas persoas están as nosas raíces, somos elos dunha cadea que vén de lonxe. Rosalía de Castro e tanta outra xente que traballou pola recuperación e o prestixio da lingua e da cultura conforman o ADN onde nos debemos recoñecer. Un ADN que ten algúns tramos da dobre hélice especialmente fértiles, coma o das Irmandades, semente das ideas que hoxe constitúen a nosa cerna: Galiza, célula de universalidade. A vontade de sermos unha peza máis, en pé de igualdade, no mosaico mundial das culturas.
Non foron fáciles as épocas pasadas e tampouco non o son os tempos que nos toca vivir. Non é preciso reiterarmos aquí as agresións destes últimos anos, cunha boa parte das elites políticas, financeiras e mediáticas obsesionadas por esborrallar os avances que traballosamente foramos acadando. O seu obxectivo: facer do galego unha lingua socialmente invisible, que permaneza recluída no gueto e non acade un uso normalizado. Que o castelán sexa a lingua por defecto e o galego, a rareza, a lingua oculta. Tratala coma un bonsai ao que cómpre retallarlle as pólas que se obstinan en medrar máis do permitido.
 Que ilusos! Non coñecen as palabras do sociolingüista Colin Baker: «A substitución dunha lingua non é un proceso evolutivo natural. Alí onde a xente está determinada a manter viva unha lingua, parece imposible destruíla.» Non saben que as agresións nos fan máis fortes, que nos impulsan a ampliar o tamaño da nosa esperanza, que medra en nós a vontade de construírmos espazos de encontro e mais de unión. 
 Na súa novela 1984, George Orwell describe unha sociedade oprimida por unha minoría, onde a neolingua é o instrumento utilizado para construír a realidade deformada que lle interesa ao poder: baléiranse de significado as vellas palabras e énchense con outros que mellor conveñan. Como non lembrar a Orwell cando vemos como se retorce o significado de palabras como imposición, liberdade, bilingüe,normalización ou, ultimamente, plurilingüe? Do mesmo xeito que a Policía do Pensamento obrigaba o protagonista da distopía de Orwell a aceptar que 2 + 2 = 5, a quen controlan os fíos do poder válelles todo para ofreceren unha falsa visión da realidade.
Contra as mentiras, non cansaremos de lembrar o evidente: a lingua que naceu hai máis de mil anos neste país é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel. Tamén é das persoas que chegan a Galiza desde calquera lugar do mundo, empuxadas polo desexo dunha vida mellor, e deciden quedar aquí. E tamén, xaora, de tanta xente que ten na nosa terra as súas raíces e anda espallada polo mundo adiante, pois nós fomos –aínda o somos, e ben que nos doe- un país de emigración.
Do mesmo xeito que unha planta precisa dunhas condicións ambientais determinadas para medrar, tamén as necesita unha lingua que se encontre nunha situación minorizada, como lle ocorre ao galego. Por iso urxe crear as medidas precisas facer realidade un "nicho ecolóxico" favorable á lingua. Unhas medidas nas que nunca deben faltar dúas constantes: o exemplo práctico de que o galego é útil en calquera ámbito e para todas as funcións e a vontade de crear actitudes positivas cara á lingua. Para que na sociedade non haxa cidadáns de primeira e de segunda, deben crearse as condicións para que se poida vivir en galego con normalidade. Cousa que hoxe non ocorre, como constatamos día tras día.
Como ten reiterado Xabier DoCampo, «nós non mentimos». Imos sempre coa verdade por diante, conscientes da xustiza das nosas ideas e propostas. Con alegría, desmontando na práctica os insidiosos prexuízos que outros sementan na sociedade e nas familias, impulsando actividades que fagan posible vivir en galego. Porque amamos e defendemos a pluralidade lingüística, xaora que si, mais non a costa de deixar arrombada a nosa lingua no faiado.
Somos conscientes do labor que nos agarda. Mais tamén sabemos que paga a pena empregar todas as nosas enerxías nel, e que non hai lugar para o desánimo. Como escribiu Bertolt Brecht, nos anos da longa noite de pedra que asolagaba Europa: «Quen aínda estea vivo non diga “xamais”. / De quen depende que siga a opresión? De nós. / De quen que remate? De nós tamén. / Pois os vencidos de hoxe son os vencedores de mañá / e o xamais convértese en hoxe mesmo.»
Todas as persoas que amamos o galego temos que erguer un pombal no noso interior, un pombal do que xurdan os voares de esperanza que encherán de vida os ceos da patria da lingua que nos une.

(Manifesto do escritor Agustín Fernández Paz para a manifestación do 17 de maio 2012)

sábado, 14 de abril de 2012

O oficio de escribir.....Almudena Grandes

  "...O máis extravagante da vida dun escritor é o feito de escribir. Encerrarte a encarnar persoas que non es, a contar cousas que non che ocorreron, a describir paisaxes que non viches, a poboar épocas que non son a túa...O demais é decorado. Este oficio é como os demais: a inspiración non existe, o único camiño é traballar. "  
                                    


                                                         Almudena Grandes.

martes, 10 de abril de 2012

Do concepto abstracto a... (Manuel Vicent)


   "A felicidade é un concepto abstracto, que se convirte nunha sensación moi concreta con só ir en bicicleta camiño do mar..."
                                                                                  
                                                                              (Manuel Vicent)


          
                            (tradución feita a partir do artigo de Manuel Vicent, titulado "Bicicleta",
                                                              do xornal El País, do 8 de abril de 2012)



               

          

domingo, 25 de marzo de 2012

in memoriam....Antonio Tabucchi (1944-2012)

Como homenaxe ao autor de "Sostiene Pereira", un dos referentes literarios da nosa época, rescatamos as súas palabras ... ao responder á pregunta: Por que escribe Tabuchi? 

 Preferiría formular a pregunta así: Por que se escribe? Hai tiempo, cando era novo , escoitei a Samuel Beckett responder: "Non me queda outra". As respostas posibles son todas plausibles pero cun punto de interrogación. Escribimos porque tememos a  morte? Porque  temos medo de vivir? Porque temos nostalxia da infancia? Porque o tempo pasado correu axiña ou porque queremos detelo? Escribimos porque a causa da saudade semtimos nostalxia, arrepentimento? Porque queriamos ter feito unha cousa e non a fixemos ou porque non deberíamos ter feito algo que fixemos e non debiamos? Porque estamos aquí e queremos estar aló e se estivésemos alá nos tería resultado mellor quedar acó? Como dicía Boudelaire: a vida é un hospital onde cada enfermo quere cambiar de cama. Un pensa que  curaría máis rápido  se estivese á beira da ventá e outro cre que estaría mellor xunto á calefacción.


                      (tomamos prestado este texto do blog: La silla prestada)

o amor, coma todo, cuestión de palabras.................Luís García Montero

     EL AMOR                                                                             O amor
Las palabra son barcos                                            As palabras son barcos
y se pierden así, de boca en boca,                          e pérdense así, de boca en boca,
como de niebla en niebla.                                        como de nebra en nebra.
Llevan su mercancía por las conversaciones      Levan a súa mercadoría polas 
                                                                                                                        conversacións                
                                                                                                                                    
sin encontrar un puerto,                                         sen atopar un porto,      
la noche que les pese igual que un ancla.             a noite que lles pese igual ca unha áncora.  


Deben acostumbrarse a envejecer                       Deben afacerse a envellecer
y vivir con paciencia de madera                           e vivir con paciencia de madeira
usada por las olas,                                                   usada polas ondas,        
irse descomponiendo,dañarse lentamente          irse descompoñendo, danarse lentamente,
hasta que a la bodega rutinaria                            ata que á bodega rutineira
llegue el mar y las hunda.                                       chegue a mar e as afunda.


Porque la vida entra en las palabras                  Porque a vida entra nas palabras
como el mar en un barco,                                     como a mar nun barco,
cubre de tiempo el nombre de las cosas             cubre de tempo o nome das cousas
y lleva a la raíz de un adjetivo                              e leva á raíz dun adxectivo
el cielo de una fecha,                                              o ceo dunha data,
el balcón de una casa,                                            o balcón dunha casa,
la luz de una ciudad reflejada en un río.             a luz dunha cidade reflexada nun río. 


Por eso, niebla a niebla,                                       Por iso, nebra a nebra,
cuando el amor invade las palabras,                 cando o amor invade as palabras, 
golpea sus paredes, marca en ellas                    golpea os seus muros, marca neles
los signos de una historia personal                    os signos dunha historia persoal
y deja en el pasado de los vocabularios            e deixa no pasado dos vocabularios
sensaciones de frío y de calor,                            sensacións de frío e de calor,
noches que son la noche,                                     noites que son a noite,
mares que son el mar,                                          mares que son a mar,
solitarios paseos con extensión de frase           solitarios paseos con extensión de frase
y trenes detenidos y canciones.                          e trens detidos e cancións.


Si el amor, como todo, es cuestión de palabras,
                                                                             Se o amor, coma todo, é cuestión de palabras,
acercarme a tu cuerpo fue crear un idioma.
                                                                             Achegarme ao teu corpo foi crear un idioma.


                            (El amor.CINCUENTENA .Luís García Montero)
                            tradución libre do poema.
                                  


           

Séraphine

Director:   Martin Provost  Guionista:   Martin Provost, Marc Abdelnour  Actor / Actriz:   Françoise Lebrun, Ulrich Tukur, Anne Benoit, Serge Larivière, Yolande Moreau       Película: Drama   Distribuida por:  Golem Distribución

Sinopse de Séraphine

En 1913, o coleccionista alemán Wilhelm Uhde, un dos primeiros compradores de Picasso, aluga unha casa en Senlis para dedicarse a escribir e descansar da vida parisina. A caseira mándalle unha muller da limpeza. Trátase de Séraphine, que ten nese momento 48 anos. Algún tempo despois, descobre un pequeño cadro pintado sobre madeira. Sorpréndese ao enteirarse de que a autora é a muller que limpa a súa casa. Así nace unha relación conmovedora e inesperada entre un marchante de vanguarda e unha mujer da limpeza visionaria.

"medindo as palabras" ...... Luís García Montero

             RESUMEN                                                                  RESUMO
No existe libertad que no conozca                             ( Non existe liberdade que non coñeza
ni humillación o miedo                                                 nin humillación ou medo
a los que no me haya doblegado.                                 aos que non me teña dobregado.
Por eso sé de amor,                                                       Por iso sei de amor,
por eso no medito el cuerpo que te doy,                      por iso non medito o corpo que che dou,
por eso cuido tanto las cosas que te digo.                   por iso coido tanto as cousas que che digo.)

                 Luís García Montero                                           -tradución libre do poema-