"""....
Pode que non exista
outro medio de educar ao pobo. Polo menos non o creo. Entrementres
sería de grande axuda describir polo menos correctamente as cousas,
chamalas polo seu nome. Idealmente, o que debería dicirse e repetir
a todo rapaz ao longo da súa vida de estudante, é algo así:
"Estades
sendo adoutrinados. Aínda non atopamos un sistema educativo que non
sexa de adoutrinamento. Sentímolo moito, pero é o mellor que
podemos facer. O que aquí se vos está ensinando é unha amalgama
dos prexuízos en curso e as seleccións desta cultura en particular.
A máis lixeira ollada á historia faravos ver o transitorios que
poden ser. Edúcanvos persoas que foron capaces de afacerse a un
réxime de pensamento xa formulado polos seus predecesores. Trátase
dun sistema de autoperpetuación. A aqueles de vós que sexan máis
fortes e individualistas que os outros, animarémolos a que marchen
e atopen medios de educación por si mesmos, educando o seu propio
xuízo. Os que queden deben lembrar, sempre e constantemente, que
están sendo modelados e axustados para encaixar nas necesidades
particulares e estreitas desta sociedade concreta."...."""
(DorisLessing, fragmento do prólogo á súa novela "El cuaderno dorado".)
...Doris
Lessing, premio nobel de literatura 2007, abandonou os estudos aos 14
anos, educando o seu propio xuízo, fóra do sistema educativo
oficial...............para saber máis sobre a autora, preme sobre o seu nome.
No hay comentarios:
Publicar un comentario