Buscar este blog

martes, 19 de noviembre de 2013

O tesouro.... nas Palabras ( Manuel Vicent )



Está abrindo o día. É a hora dos paxaros. Aos colexios e institutos chegan en bandadas mozos e nenos cargados coas súas mochilas. Eles non o saben, pero todos se dirixen á illa do tesouro. Pode que ignoren onde está ese mar e en qué consiste a travesía e qué clase de cofre repleto de moedas de ouro os espera realmente. O patio do colexio transfórmase, de súpeto, nun ruidoso embarcadoiro. Desde ese peirao cheo de mochilas cada alumno abordará a súa aula respectiva, que, se ben non o parece, trátase dunha nave lista para zarpar cada mañá. Na aula hai unha pizarra pulida onde o profesor, que é o temoneiro desta aventura, trazará todos os días o mapa desa illa da fortuna. Ciencias, matemáticas, historia, lingua, xeografía: cada materia ten un rumbo distinto e cada rumbo un enigma que haberá que descifrar. A travesía vai ser longa, azarosa, chea de escollos. Moitos destes nenos e mozos tripulantes nunca enxergarán as palmeiras, uns por escaseza de medios, outros por falta de esforzo ou mala suerte, pero ninguén lles pode negar o dereito a arribar felizmente á illa que sinalaron os mapas como final da travesía. Ese mar está inzado de piratas, que teñen o seu santuario na caverna do Goberno. Todas as medidas que un Goberno adopte contra o dereito dos estudantes a realizar os seus soños, recortes na educación, privilexios de clase, fanatismo relixioso, serán equivalentes ás accións brutais daqueles corsarios que asaltaban as rutas dos navegantes intrépidos, os expoliaban e despois os guindaban ao mar. Daqueles pequenos expedicionarios que embarcaron cara á illa do tesouro só os más afortunados chegarán a bo porto. Algúns soñarán con cambiar o mundo, outros conformaranse con levar unha vida a ras da existencia. Cando recén desembarcados pregunten onde se atopa o cofre do tesouro, o temoneiro diralles: estaba xa na mochila que cargabades ao chegardes por primera vez ao colexio. O tésouro é todo o que levades aprendido, os libros que tedes lido, a cultura que teñades acadado. Ese tesouro, que levades convosco, non será detectado por ningún escáner, cruzará libremente todas as alfándegas e fronteiras, e tampoco ningún pirata non volo poderá nunca arrebatar.



 -tradución do artigo de Manuel Vicent, titulado "Tesouro", publicado no  xornal El País.(13-10-2013)-

No hay comentarios: