Soaba
unha pingueira nunha tina de zinc,
alí,
onde contaban a historia conveniente.
E
chovía nos verbos, naquel nove entre cinco.
E
a táboa do oito era outra mentira tan exacta;
e
era outra mentira o mapa da parede sen o río da aldea.
Chovía
nos vacíos das fórmulas e as frases,
na
mañá de zotal e tinta fría.
E
alí alguén soñou barricadas de estampas,
Cárpatos
de ningures,
petos
cheos de amoras, un brinco endomingado,
a
saúde do seixo e o pentagrama
para
fuxir dun mundo de aligacións e ángulos,
da
mosca verdiazul do mediodía.
Soaba
unha pingueira nunha tina de zinc.
¿Onde
resiste quen foi pasquín de rebelión e escándalo?
¿En
que tenda de praza-patrimonio vende sedas,
ou
viño, ou mente con megáfono?
¿Onde
é materia para un himno?
¿Fervor
de que océano ou alcoba?
¿Onde
home de proveito?¿Que guarismo?
E
un día fundaron o castigo:
requisaron
a luz nos seus depósitos,
as
estrelas de lata, os acopios de mica,
algo
do mar en soños outorgado
e
puxeron a primeira inocencia contra a parede,
contra
o mapa das patrias sen a patria,
sen
o río da aldea.
Soaba
unha pingueira nunha tina de zinc
Comezaba
o inverno
a
durar media vida.
Fermoso poema no que o autor recrea a "escola" da Galicia dos anos 40-50.
"aula de posguerra", poemario HABITANTE ÚNICO -1977- , de Mauel Álvarez Torneiro , Premio Nacional de Poesía 2013.
-para saber máis do poeta, preme sobre o seu nome-
No hay comentarios:
Publicar un comentario