Buscar este blog

miércoles, 8 de marzo de 2017

Palabras...para unha avoa


  "Miña avoa nunca traballou. Miña avoa labrou as leiras, cavou no monte, criou os fillos (catro), arrincou no esterco, muxiu as vacas, coidou da casa, serviu na dos amos, foi á sega, á malla, á fiada e á matanza. Miña avoa non traballou pero foi ela quen nos recollía as guedellas para estar guapas, quen nos contaba contos, quen nos ensinaba a calcetar, quen nos ensinou o catecismo, quen miraba de que todo estivese ben,
   Meu avó, en cambio, si que traballou. Meu avó labrou as leiras, cavou no monte, arrincou no esterco, levou as vacas a pacer, estivo un ano nas fábricas de Hamburgo. Foi á sega, á malla e á matanza. Meu avó traballou moito e ademais axudounos coas divisións, paseounos na besta, contounos historias de cando a guerra. E como traballou moito, agora meu avó descansa e miña avoa, como nunca traballara, encargouse de que el tivese o xantar quente ata o último día."

Texto extraído dun videopoema de Iria Carreira Pazos
(Para saber máis sobre a autora deste texto, preme sobre o enlace anterior)

No hay comentarios: