Buscar este blog

jueves, 23 de marzo de 2017

Palavras...para um tutorial-1 ( fazer "mandalas")



   Este fermosos traballo para a aula de lingua portuguesa, ideado por Rossandy, pretende mostrar, paso a paso, o proceso para crear un "mandala"...  Parabéns!!! 

lunes, 20 de marzo de 2017

Palabras... para vivir


   "...Massamba Djitte di que a súa historia non é a habitual porque veu cun visado e porque tiña familia xa en A Coruña, pero os primeiros meses foron "moi malos" para el. Non era pola xente nin polo ambiente nin polo clima ou por ter deixado atrás o seu país senón porque non era capaz de comunicarse. Pasouno fatal ata que asumiu que tería que "comezar de cero", que  a súa vida, tal e como a coñecera, rematara e que tiña que forxar os cimentos doutra nova.
  "Tiña claro que agora estaba aquí e que tiña que aprender o idioma para poder falar, porque é unha impotencia moi grande non poder preguntar, non sabía dicir nin ola, a xente falábame e non entendía nada", relata Djitte que bota man da súa experiencia para aconsellar aos seus compatriotas..."



  Massamba Djitte, un dos protagonistas do documental titulado Kër -significa "casa" en wólof, idioma do Senegal-, da directora e xornalista Diana R.Mata,  relata neste fragmento a importancia que ten a lingua como elemento de comunicación e integración na sociedade ...

(Este fragmento foi recollido do xornal La Opinión, do 20 de marzo de 2017)

miércoles, 8 de marzo de 2017

Palabras...para unha avoa


  "Miña avoa nunca traballou. Miña avoa labrou as leiras, cavou no monte, criou os fillos (catro), arrincou no esterco, muxiu as vacas, coidou da casa, serviu na dos amos, foi á sega, á malla, á fiada e á matanza. Miña avoa non traballou pero foi ela quen nos recollía as guedellas para estar guapas, quen nos contaba contos, quen nos ensinaba a calcetar, quen nos ensinou o catecismo, quen miraba de que todo estivese ben,
   Meu avó, en cambio, si que traballou. Meu avó labrou as leiras, cavou no monte, arrincou no esterco, levou as vacas a pacer, estivo un ano nas fábricas de Hamburgo. Foi á sega, á malla e á matanza. Meu avó traballou moito e ademais axudounos coas divisións, paseounos na besta, contounos historias de cando a guerra. E como traballou moito, agora meu avó descansa e miña avoa, como nunca traballara, encargouse de que el tivese o xantar quente ata o último día."

Texto extraído dun videopoema de Iria Carreira Pazos
(Para saber máis sobre a autora deste texto, preme sobre o enlace anterior)

Palabra...


 Carolina Iglesias (0leiros-A Coruña), guionista e youtuber punteira, coñecida en internet como "percebesygrelos", déixanos esta mensaxe alentadora nun día especial: 8 de marzo


Aquí nos deixaron o seu traballo Sara, Eva e Javier... sobre un período escuro da nosa historia.
Parabéns para os tres...



jueves, 2 de junio de 2016

O rexurdir da palabra (Rexurdimento, s.XIX)



 


   Así viron o Rexurdimento galego: Lucía, María Vidal, Rossandy e Uxía, alumnas de 3ºESO
 (Para saber máis deste período, preme sobre o enlace destacado...)

Palabras... e "palavras" (literatura galega ss. XII a XVIII)


                                                       
 
Así viron a literatura galega destes séculos: 

Aida, Alejandro, Irea, Jorge, Noemí e Zaira

 -alumnado de 3º da ESO-


viernes, 27 de mayo de 2016

Palabras...escuras (Séculos escuros)

       


          Así viron os Séculos Escuros, Andrea..Antía..Óscar e Thalía. Alumnos de 3º ESO
             (Para traballares co texto do vídeo, preme aquí)
             (Para saber máis sobre este período, preme sobre o enlace correspondente)

sábado, 21 de mayo de 2016

Palabras... de "amigo" (literatura medieval)

https://drive.google.com/file/d/0B1JRZndCDuhqUUZfM0tkdGZlbGM/view?usp=sharing

    Así viron as   cantigas de amigo   Patricia, María, Zeltia e Anyeli ...alumnas de 3º da ESO...
    ( Para ver a curta, preme sobre a fotografía )
    ( Para saber máis sobre este tipo de cantigas, preme sobre o enlace destacado)

jueves, 12 de mayo de 2016

Palabra....do Manuel (Manuel María)



    Achégase a festa das Letras Galegas... A mellor homenaxe, lembrar as palabras do   Manuel  !!!
    (Para achegarte á figura do autor, preme sobre o enlace)
    (Se queres saber máis sobre a historia desta festa preme sobre o enlace correspondente)

martes, 8 de marzo de 2016

POESÍA.... con Lucía Aldao e María Lado




Bó día, este 8 de marzo, para achegármonos á poesía...
Estas son Lucía Aldao e María Lado // María Lado e Lucía Aldao...

Alegrámonos da súa presenza!!!

jueves, 11 de febrero de 2016

Palabras ... que instrúen (LITERATURA: instrucións de uso. Rodrigo Fresán)

   (...)
   Sen chegar a tales extremos de utilidade -a salvación dunha carreira actoral ou de todo o planeta-, está claro que a literatura, desde o principio dos tempos, sempre serviu para moito máis que a tan simple como complexa distracción e ancestral divertimento de que nos conten unha boa historia.
   Xa o escravo de Nerón e filósofo estoico Epicteto afirmaba que a lectura equivalía ao adestramento dun atleta antes de entrar ao estadio da vida, e que o seu propósito final era o de alcadar a paz suprema. Pero a lectura de ficcións serve, ademais, xa desde a infancia, como ferramenta para fortalecer o pensamento abstracto, para comprender a percepción do paso do tempo e estimular a imaxinación, para entender o curso narrativo de todas as cousas, para aprender a diferenciar entre o ficticio e o verídico e o posible e imposible (sen ter que renunciar a nada), para que se cuestionen ou se potencien as nosas ideas e crenzas, para a comprensión de conceptos como destino e éxito e fracaso e, finalmente, para evadirnos da prisión dos nosos días na busca de mil e unha noites e paisaxes e experiencias, que dificilmente poderíamos explorar ou vivir desde os nosos dormitorios e oficinas. Dío Jojen nun dos grandes éxitos editoriais dos últimos tempos, a saga Juego de tronos, de George R. R. Martin: "Un lector vive centos de vidas antes de morir. O home que no le vive só unha". E, si, non é posible vivir unha vida que non pode imaxinarse.
   Así, a literatura é un catálogo de posibles existencias que nos axudarán a formar e conformar a nosa. E o dito por Jojen -xa que estamos- tamén é aplicable á idea de ler nada máis que Juego de tronos. O de sentirse exculpado de todo repetindo iso de que as series de televisión son a nova gran literatura sen antes ter pasado por Shakespeare ou Dante ou Cervantes ou Tolstói ou Dickens ou Nabokov ou Borges e seguen as sinaturas. E nunca esquecerei as palabras daquel cuxo nome non direi pero que, orgulloso, me lanzou un "eu non leo ficción, porque non me gusta que me conten mentiras". Que en paz descanse aínda que siga vivo, ou iso crea el.
   O non ler, pola contra, non ten ningunha vantaxe e si demasiados efectos residuais. E ese virtual fin da soidade que é a de pasar a vida emitindo e recibindo refachos de máis ou menos 140 caracteres (e palabras abreviadas e emoticonas e selfies acerca de asuntos polo xeral pouco transcendentes) non é un bo consello nin conselleiro. Mirar non é o mesmo que ver e, moito menos, que ler. E, si, non son tempos fáciles para o asunto: cada vez saboréase menos materia nobre, os best-sellers están peor feitos con cada superventas que pasa, e o suposto oasis do libro electrónico resultou ser un espellismo: alí dentro máis alá desa novidade tonto-mesiánica á Marvel Comics que permitía soster toda unha biblioteca cunha soa man e da excitación supostamente ético-contracultural da descarga ilegal, o fenómeno probou ser -como tantos outros de aquí e agora- un triunfo da forma sobre o fondo, e do envase por riba do contido (...)
   Mentres tanto e ata entón, abundan os tan amenos coma ominosos ensaios -o pioneiro Elegías a Gutenberg, de Sven Birkerts, e o máis recente Superficiales, de Nicholas Carr- onde se advirte de que vivimos na "idade da distracción" onde impera aquel "demasiado de nada" ao que lle cantaba Bob Dylan, e se predí a fin do don da lectura. E, polo tanto, tamén da escritura que algunha soubo conformar a gran literatura decimonónica e consagrou a novela como forma sublime e contedora de todas as cousas deste mundo e do infinito e más aló anterior a Google. Unha maxia sen truco que fai das nosas bibliotecas unha sorte de bioteca: unha biografía alternativa e correndo paralela ao noso pasaxeiro paso por aquí (...)
    Ler pode facerte máis feliz?, preguntábase un ensaio de hai uns meses na revista The New Yorker. A súa autora, a narradora e antropóloga social Ceridwen Dovey, aseguraba que si. Eu, que xa o sabía, en cambio, prefiro ameazar cun non ler seguro que te fai máis tonto. Moito máis tonto do que pensas. Máis que iso que estás pensando (...)


(Tradución ao galego dalgúns fragmentos do artigo escrito por RODRIGO FRESÁN para El País, o 7 de febreiro de 2016)
(Se queres ler o artigo completo -non ten desperdicio- preme sobre o seguinte enlace:
http://cultura.elpais.com/cultura/2016/02/03/actualidad/1454497660_313853.html)