Buscar este blog

viernes, 7 de octubre de 2011

tamén a publicidade

"...No mundo que me dispoño a describirvos dixírese a crítica, foméntase a insolencia, remunérase a delación e planifícase a diatriba. Decontado concederase o Nobel da Provocación e eu convertireime nun  dos máis serios aspirantes a ganalo. As ditaduras de outrora temían a liberdade de expresión, censuraban as protestas, encarceraban os escritores, queimaban os libros controvertidos. Os vellos tempos dos autos de fe permitían distinguir os bos dos malos. Á hora de lavar as mans, o totalitarismo publicitario resulta moito máis sutil. Este tipo de fascismo aprendeu a lección dos errores precedentes (Berlín,1945, e Berlín, 1989)-Por certo, por que todas as barbaries acabaron morrendo na mesma cidade?-.
   Para someter a humanidade á escravitude, a publicidade elixiu a discreción, a axilidade, a persuasión. Vivimos no primeiro sistema de dominio do home polo home contra o cal a liberdade resulta impotente. Ao contrario, o seu maior logro consiste precisamente en apostar forte pola liberdade..."

                                                      (13,99 euros, Frédéric Beigbeder)

No hay comentarios: